Venres. 05.06.2020
El tiempo

O PSOE de Camariñas califica a Daniel Rego o Conde Roa da Costa da Morte

O PSOE de Camariñas califica a Daniel Rego o Conde Roa da Costa da Morte

Dende a dimisión a semana pasada do alcalde de Santiago Conde Roa, o PP levan pedindo a dimisión de alcaldes do Partido Socialista, cando nas filas de uns e outros teñen políticos seriamente imputados. Se a semana pasada o PP camariñán pedíalle ao alcalde camariñán que siga o exemplo de Conde Roa e que presente a súa dimisión, hoxe é o PSOE o que califica ao voceiro do PP camariñán "O Conde Roa da Costa da Morte".

E faino porque considera que "non está simplemente imputado, senón que están condenados en sentenzas firmes todas elas publicadas no DOGA a cales tamén lle podían aplicar a mesma doutrina que lle aplicaron a Conde Roa".

O PSOE denuncia que Rego ten sentenzas "condenatorias (non simples imputacións) por impagos os seus traballadores da empresa Viproga por un valor de 57.100€.
Apuntan dende o PSOE que "como nota curiosa en todas estas sentenzas, aparece como en “Ignorado paradoiro”, cando, Daniel Rego traballa como asesor de Don Diego Calvo Presidente da Deputación da Coruña, con un soldo de 19.023,06 como se pode comprobar nos BOP´s do 18 de agosto de 2011.

Lembran dende o PSOE que Rego está denunciado polo asunto do Club Náutico.

 

Resposta rápida do PP

Pola súa parte, o PP enviaba unha rápida resposta na que o portavoz do PP na localidade, Daniel Rego, considera unha falta de respecto cara aos cidadáns e cara á Lei cualificar de "simple" os cargos aos que se enfronta o alcalde.

 

Os populares consideran que "o PSOE está intentando facer un ataque gratuíto e malintencionado ao portavoz para desviar a atención sobre os graves cargos que pesan sobre o alcalde".

 

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSOE de Camariñas.

comentarios