mércores. 19.03.2025
El tiempo

Unha obra para evitar inundacións en Arou, exemplo da Xunta para poñer en valor as axudas para previr o cambio climático

Visita Conselleira Medio Ambiente a Arou
Unha obra para evitar inundacións en Arou, exemplo da Xunta para poñer en valor as axudas para previr o cambio climático
Visitaba onte Camariñas unha comitiva da Consellería Medio Ambiente e Cambio Climático. Concretamente a zona do rego de Canaval, en Arou, para poñer en valor o interese dos concellos galegos no desenvolvemento de infraestruturas verdes nos seus territorios para previr os riscos asociados ao cambio climático. De feito, a liña de axudas da Xunta, que contaba con 2 millóns de euros (sendo o importe máximo das achegas de 60.000 euros por iniciativa e cubrirase ata o 80% dos gastos subvencionables) para estas iniciativas esgotáronse en poucos minutos.

O obxectivo é incrementar a biodiversidade deste tipo de zonas, mellorar a súa conservación, favorecer a adaptación ao cambio climático, mellorar a calidade ambiental e crear espazos máis saudables.

Concretamente na desembocadura do rego de Canaval na praia de Arou, ten previsto actuar o Concello de Camariñas para previr posibles inundacións e que o río siga erosionando a terra das parcelas anexas. A actuación para a que solicitou financiamento consistiría na mellora da senda fluvial e no desenvolvemento de intervencións naturais como solos drenantes.

Comentarios