Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os partidos políticos chegan á recta final das eleccións do #20D a golpe de mitin

Os partidos políticos chegan á recta final das eleccións do #20D a golpe de mitin
Xa na recta final das eleccións xerais do vindeiro domingo, 20 de decembro, os partidos políticos continúan coa súa campaña electoral. Os mitins foron os principais actos que levaron a cabo onte algunhas das formacións na Costa da Morte. Concretamente, Nós Candidatura Galega reuniou a unha boa cantidade de simpatizantes en Carballo e o Partido Socialista de Galicia fíxoo en Camariñas. Nós Candidatura Galega Representantes de Nós Candidatura Galega ofreceron onte un mitin en Carballo Representantes de Nós Candidatura Galega ofreceron onte un mitin en Carballo Representantes de Nós Candidatura Galega ofreceron onte un mitin en Carballo. Alí, o cabeza de lista de NÓS-Candidatura Galega, Carlos Callón, pediu  a mobilización “de toda a cidadanía que sinta Galiza, de toda as persoas ás que lle doa o país e que desexen que os nosos problemas teñan voz propia no Congreso tras o 20D”. Os problemas do país, de Bergantiños, serán a prioridade de NÓS en Madrid, dos seus sectores produtivos “que están contra as cordas”, cos gandeiros sufrindo os prezos do leite máis baixos do Estado, cun sector pesqueiro amarrado a porto por falta de cota. Ademais doutros temas, no mitin de onte Callón avanzou que o seu grupo reivindicará unha tarifa eléctrica galega, para que as empresas e as familias galegas se beneficien de que “somos produtores de enerxía”, o que permitiría abaratar a factura un 30%, “nun país onde 180.000 familias non poden prender a calefación”, e ás Pemes ganar competitividade. En Carballo, Callón fixo referencia ás medidas a favor do comercio local, sector económico decisivo para o concello, pola súa capacidade para crear emprego e polo efecto revitalizador dos barrios. Entre as medidas concretas de NÓS-Candidatura Galega, reducir impostos ao pequeno comercio e pasar do 25 ao 10% o Imposto de sociedades para todas as empresas con menos de cinco traballadores e cunha facturación inferior aos 2 millóns de euros anuais. Para os autónomos e autónomas, habituais no comercio local, propón suprimir a taxa fixa mínima de 300 euros mensuais de impostos para que pasen a tributar en función dos seus ingresos. “Non ten sentido nin é xusto que paguen 300 euros mensuais aínda cando haxa veces que non ingresen nin esa cantidade ao mes”. No sector gandeiro, aposta por contratos con prezos de referencia para o leite, “e que non digan que non se pode porque o impide o mercado, onde estaba o mercado cando se rescatou con centos de millóns á banca?”. Igualmente, propuxo medidas para impedir que o leite sexa produto reclamo nas grandes superficies, e dar valor engadido aos produtos agrarios. O alcalde de Carballo, Evencio Ferreiro, e o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, participaron no mitin para pedir o voto para NÓS-Candidatura Galega “que vai defender o noso”. Partido Socialista A sanidade foi un dos principais temas do mitin que ofreceu onte Ricardo García Mira en Camariñas A sanidade foi un dos principais temas do mitin que ofreceu onte Ricardo García Mira en Camariñas Outros dos mitins que se celebrou onte na Costa da Morte ofreceuno o PSdeG na casa de Pedra de Camariñas. Alí estiveron o candidato socialista ao Congreso, Ricardo García Mira, acompañado da candidata ao Senado, María Debén Alfonso e o eurodiputado socialista, José Blanco López. Na intervención de García Mira, afirmou que “a sanidade debe ser tratada como unha inversión e non como un gasto”, xa que segundo expuxo “a inversión en sanidade non só é para capacitala senón para dignificar a calidade de  vida dos maiores”. Asemade o eurodeputado, José Blanco, asegurou que "os gobernos socialistas están detrás dos grandes avances deste pais". "Gobernar é impulsar a sanidade, a educación e as pensións para todos como fixo Felipe. Gobernar é impulsar os dereitos da cidadanía, a loita contra a violencia de xénero, a lei de dependencia, o fin do terrorismo, como fixo Zapatero. O fixemos, sabemos cómo facelo e volveremos a facerlo. Só necesitamos unha cousa: un voto masivo ao Partido Socialista”, arengou o político. Por outra banda María Debén, afirmou na súa intervención que “o PSOE plantexa unha nova lei integral contra a trata de seres humáns con fins de explotación sexual, na que se multará a demanda e a compra de prostitución; así como o aluguer de locais como burdeis e clubes de alterne para lucrarse coa industria do sexo. Partido Popular Hoxe, os populares continúan co seu percorrido polos mercados da zona. Ás 12 horas, Mabel Fernández visitirá o de Muxía e logo deixarase ver polo restaurante D'Álvaro.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios