Os Socialistas de Camariñas propoñen a Francisco Caamaño para as listas coruñesas do 20N
08:40 19/09/11
Os Socialistas de Camariñas elixiron esta pasada fin de semana, os seus candidatos para as próximas eleccións xerais para o Congreso dos Deputados e po Senado. Na Casa do Pobo celebrouse unha asamblea extraordinaria, onde os militantes tiñan que realizar a proposta de candidat@s para a lista electoral da provincia de A Coruña para as eleccións xerais do próximo 20 de novembro.
Logo das aportacións feitas por a executiva e os militantes, a lista que se levou a votación foi a seguinte, onde cómpre destacar que o 50% da xente propostas son da Costa da Morte:
- Fran Caamaño.
- Miguel Cortizo.
- Encarna Liñeiro.
- María Debén.
- Inés Rey.
- Ricardo García Mira.
Para o senado propuxeron:
- Amparo Baña
- Florencio Cardador.
Novas relacionadas
- Un poema de Manolo Rivas ao silencio dos peixes do Cabo Vilán.
- Curso de redes sociais para empresarios en Baio e Camariñas.
- De pesca polo Cabo Vilán.
- Difamacións e denuncias en Camariñas.
Fonte
- Nota de prensa do PSOE de Camariñas.