O sector do Motor de Baio aprende a utilizar as Redes Socias con Galinus


Este vindeiro luns 19 de setembro, dá comezo na Sede da Federación de Empresarios Costa da Morte (FECOM), un curso de Redes Sociais para empresarios, impartido por Galinus, Taller de Novos Medios, empresa matriz de QPC. Javier Mosquera, especialista en RRSS, será o encargado de impartilo, como fixera en Vimianzo.
Boa parte dos empresarios do motor da zona, trala Feirauto desta fin de semana, chegarán para aprender a importancia destas ferramentas web, e coñecerán de preto a incidencia da internet na sociedade actual.
En Baio taller terá unha duración de 4 horas, desenvoltas o luns 19 e o venres 23 (excepto o martes), de 20:00h a 22:00h.
O mesmo curso, co mesmo enfoque empresarial, vanse desenvolver en Ponteceso (mércores 21 e xoves 22) e Camariñas (mércores 28, dende ás 16:00h).
Programa do curso
- Breve introdución ás Redes Sociais.
- Principais RRSS na actualidade: Facebook e Twitter.
- Protocolo de Comunicación en RRSS para organizacións.
- Taller e Prácticas.
Información e inscricións
- Federación de Empresarios Costa da Morte: 981.71.83.88
Novas relacionadas
- Vimianzo aprende novas formas de marketing online.
- A Costa da Morte dinamiza o Turismo da Coruña.
- Galinus traballa pola redución da fenda dixital nas áreas rurais do país.
- Galinus amosa en Vimianzo as vantaxes das ferramentas 2.0.
- A Costa da Morte no corazón das TIC galegas.
- QPC e Galinus, finalistas por partida doble dos premios Eganet 2010.
- 3 representantes da Costa da Morte na cúpula das TIC galegas.
- A Costa da Morte á cola da implantación da internet en Galicia.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).