Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Pachi Vázquez pídelle a Feijoo en Camariñas que recupere o Plan de Acuicultura e o de Conservas

Pachi Vázquez pídelle a Feijoo en Camariñas que recupere o Plan de Acuicultura e o de Conservas

Visita importante a que chegou a Camariñas tralo mitin do sábado en Arou. Foi nada menos que Pachi Vázquez, o presidente galego do PSdG, quen participou nun mitin en Camariñas. Vázquez pediulle a Feijoo en Camariñas que recupere o Plan de Acuicultura e o Plan de Conservas. Dous proxectos que segundo Vazquez servirán para revalorizar a Costa da Morte.

Así o manifestou onte tras visitar a conserveira Cerdemar, unha empresa deste sector na que traballan 170 persoas, 130 delas mulleres. Vázquez realizou esta visita acompañado do candidato á alcaldía, Manuel Alonso de León, e os deputados provinciais Marisol Soneira, como anfitrións, e José Luis Méndez Romeu.

Nesa liña Vázquez lembrou os 300 millóns de euros que anterior executivo dotara ao plan estratéxico da conserva. Criticou nesta liña que tanto o plan estratéxico da conserva como o plan de acuicultura están “en estadio cero” e “gardados nun caixón hai dous anos”. “É difícil de entender que o Igape devolva 60 millóns de euros e non tire das nosas empresas”.

Unha ollada a Camariñas

“Con Camariñas, o PSdeG cumpriu", asegurou Vázquez, "investindo máis de 13 millóns de euros en saneamento e co proxecto da autovía da Costa da Morte, entre outros”. Pola contra criticou que o Goberno galego “non só non realizou investimentos nesta comarca, senón que debe explicar por que retrasou a autovía da Costa da Morte durante dous anos e elevou o seu custo en 260 millóns de euros máis”.

De localismos tamén falou canfo foi reguntado sobre o contrato asinado polos candidatos do PP nas principais cidades para evitalos. Vázquez apuntou que “se hai localismos é responsabilidade do PP, que goberna en 240 concellos”.

Ao remate da visita Vázquez avogou pola "dinamización económica nos concellos" e apostou porque os candidatos e candidatas socialistas “vexan sempre na política local un motor de dinamización económica”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSOE.

Comentarios