Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Para que non se repitan escenas de “Los Pájaros” na Costa da Morte

Para que non se repitan escenas de “Los Pájaros” na Costa da Morte
Larus é o nome latino de gaivota. E “Larus Control” é o nome da empresa que veñen de abrir os camariñáns Javier Sambade e Juan José Fraga. Con ampla experiencia no sector logo de máis de 5 anos traballando para unha empresa leonesa especializada en control de aves, estes camariñáns emprenden a súa aventura particular. Unha aventura que loita contra a praga urbana da gaivota. Vilas mariñeiras como moitas da Costa da Morte teñen un serio problemas, sobre todo coas gaivotas. Cantas familias teñen que sufrir os berros das crías de gaivota día e noite? Para isto precisamos pedirlle ao noso concello que utilice un sistema para alonxalos das nosas casas. Pero non se trata de eliminar paxaros. Trátase de evitar que aniñen nos nosos tellados. Estes operarios soben aos edificios e ás casas e retiran os ovos ou as crías, que teñen que coidar durante un tempo ata que se fagan autosuficientes. Trátase de ilas axudando a que marchen, dalgún xeito. Este servizo é de primeira necesidade en vilas como A Coruña ou Ferrol, e vaise convertindo nun servizo fundamental en outras como Muxía, Camariñas, Corme ou Fisterra. De feito, xa teñen traballado en concellos como os de Muxía. Con todo, o propio Javier apunta que “é mellor traballar en zonas conxuntas, como unha ría enteira, xa que se nós conseguimos botar as gaivotas de Muxía, téñeno tan sinxelo como cruzar a ría e aniñar en Camariñas”. Contan ademais cun núcleo zoolóxico con falcóns, que utilizan en traballos como nas piscifactorías.

Como solicitar o servizo

Normalmente o servizo debe ser contratado polos Concellos. Deste xeito, os responsables dos concellos deben ter constancia da necesidade dese servizo, polo que se sofre esta praga non dubide en facerlle chegar as súas queixas ao concello para que tomen medidas.

Apuntes técnicos

E aquí vos deixamos cuns apuntes técnicos que nos fixo chegar o mesmo Juan José Fraga. Debido ás condicións da especie que nos ocupa, a gaivota patiamarilla (Larus Michaellis) podemos dicir que esta se converteu nunha praga urbana, nos últimos anos a poboación de gaivota patiamarilla (larus michaellis) experimentou un gran aumento o que provoca un notable descenso na calidade de vida dos habitantes das zonas urbanas afectadas. A poboación da gaivota patimarilla (Larus Micahaellis ), como outras especies animais oportunistas, experimentou un crecemento exponencial nas décadas de 1970,1980 e principios de 1990 e unha estabilización posterior da grandes colonias, á vez que fan aparición pequenas colonias, tanto en ambientes naturais como urbanos litorais, aproveitando lles recursos que ofrecen o medio que creou a sociedade posindustrial en que nos achamos inmersos. Este crecemento desmesurado débese ao seu carácter oportunista, xa que se adaptou a explotar os recursos dispoñibles nos vertedoiros de residuos sólidos urbanos, descartes pesqueiros e recentemente de pensos e peixes que fornecen na alimentación de granxas de engorde de peixes (piscifactorías); todos estes factores traen consigo a colonización do espazo urbano como zona de cría. Outro punto a favor da colonización urbana por parte da gaivota é a súa adaptabilidad, o que levou a que esta especie desenvolva todo o seu ciclo vital anual, utilizando como lugar de nidificación o centro urbano de distintas cidades costeiras. Esta irrupción en zonas urbanas provocou unha serie de prexuízos para os cidadáns afectados:
  • Ruído excesivo durante o período de cría,
  • Actitude de defensa do seu territorio.
  • Deterioracións dos materiais sobre os que se instalan.
  • Problemas para a saúde.
Por todos estes factores podemos dicir que unha superpoblación da gaivota patiamarilla podería desencadear nunha perda de imaxe para as ciudades onde estas se instalen ao verse danados tantos os edificios privados como os públicos o que á súa vez diminúe a calidade de vida dos seus habitantes.

A necesidade de Larus na Costa da Morte

Os obxectivos a seguir por parte da empresa son os máis efectivos e ecolóxicos para a redución e o control poboacional da gaivota patiamarilla. LARUS CONTROL ofrece unha serie de servizos a entidades públicas e privadas para a solución dos problemas derivados do asentamento masivo da gaivota patiamarilla en lugares concretos: En casos concretos como o que está sucedendo nas zonas costeiras da COSTA DA MORTE a empresa ofrece un servizo de seguimento e actuación directa sobre a poboación da gaivota patiamarilla, mediante a retirada dos niños das mesmas impedindo así que o crecemento de poboación desta especie siga en aumento o que á súa vez afecta directamente á calidade de vida do cidadán, nesta situación atopábase o concello de MUXÍA, que nos últimos anos vira como a poboación da gaivota patiamarilla gañara terreo na contorna da súa centro urbano, e que este ano (2010) contratou os  servizos da empresa para o control poboacional da gaivota patiamarilla, sendo o primeiro concello da zona da COSTA DA MORTE que contrata un servizo similar. Poderíase dicir que a mesma situación que se está dando no concello de MUXÍA sucede noutros concellos desta zona como CAMARIÑAS, FISTERRA, PONTECESO (Corme), LAXE, etc. debido á colonización desta especie na contorna do centro urbano destas localidades. LARUS CONTROL conta con técnicos de fauna con experiencia contrastada en traballos de control poboacional da gaivota en cidades como A Coruña, FERROL, e máis recentemente no concello de MUXÍA, á súa vez conta tamén cunha contrastada experiencia en traballos en altura. A empresa ofrece tamén solucións privadas en temas relacionados cos problemas ocasionados pola gaivota patiamarilla en propiedades privadas. A empresa ofrece tamén solucións ante outras especies de aves consideradas como especie infesta como poden ser a pomba domestica, estorniño común, gorriones, etc. Todas estes grupos de aves poden causar graves danos tanto en mobiliario público como en propiedades privadas, a nosa empresa ofrece ante estas aves distintas solucións, na súa maioría conséguese erradicar totalmente o problema.
  • Notas de Juan José Fraga.

Fonte

Comentarios