Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O patrón maior de Camariñas valora as novidades pesqueiras tras 4 meses á fronte do pósito

O patron maior de Camarinas
O patron maior de Camariñan na reunión da semana pasada coas responsables de pesca da Xunta
O patrón maior de Camariñas valora as novidades pesqueiras tras 4 meses á fronte do pósito

A fábrica de xeo de Camariñas parece que finalmente será unha realidade, como lle trasladou o pasado venres a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, ao patrón maior da confraría de pescadores de Camariñas, José Ramón Lema, un dos 4 novos patróns das confrarías da comarca saídas das eleccións do pasado mes de outubro.

Aínda non comezaron co proceso de licitación pero dende Camariñas confían nas verbas da Conselleira. Así nolo conta Ramón Lema:

  • QPC: Unha boa nova, a licitación da fábrica de xeo, non?

Dende logo. É unha vella demanda, que pode facilitar moito o traballo dos nosos traballadores. De prazos pouco podemos dicir, porque xa sabemos que os marcan eles. Pero para este ano seguro que sae.

  • QPC: Canta importancia ten a dixitalización das confrarías?

É fundamental, e por iso proxecto de Primare de dixitalización da comercialización das lonxas parécenos fantástico para nós, que estamos no cú do mundo, e por operatividade non temos como saír. Se non fose pola rede morremos do asco. De momento non vendemos nada a través de internet, pero temos o produto, temos a loxística, e só nos falta a páxina para comezar.

  • QPC: Tras máis de 4 meses no posto, que decisións se teñen tomado?

Para nós son todas importantes, como os horarios dos traballadores… Non é que antes estivera mellor ou peor, nós imos facelo á nosa maneira. Hai moitos cambios en todos os aspectos, no río, no cerco… eu penso que para mellor, pero o tempo nos dará ou nos quitará a razón.

  • QPC: Que problemáticas te tes atopado?

Problemas típicos de chegar de novo, que a xente non che coñece. Tes que ir sorteando os problemas, o día a día. Sempre hai xente aburrida que queren ser protagonistas pero nós non lle imos dar importancia, e imos intentar que se unan e que sumen.

A nós a política non nos interesa. Se a Comunidade Europea dan fondos para nós, perfecto. Se non, mal.

  • QPC: Como está afectando a Lei de Descartes ás embarcacións da zona?

Era para empezar o día 18 deste mes, pero se volveu prorrogar. Tivemos unha xunta xeral este día coa Federación de Confrarías, onde aprobamos o 50% de descarte para a xarda, e desbancárono dende Madrid. Fixemos unha nova petición coas mesmas cousas, e a ver se a aproban se fai efectiva a part o 1 de abril.

Pero en todo caso vai ser un bo pau, e boa metade das embarcacións xa non van saír á xarda en función do que saia. Para que vexas, dende Camariñas pedíamos un 85%-15% e agora non conseguimos nin tan sequera só o 50%…

  • QPC: Estades ao tanto das reivindicacións dos percebeiros de Corme para controlar a extracción da mexilla?

Nós estamos con eles. A Costa da Morte está enteira con eles, e vai haber moitas máis confrarías que se unan, porque divididos non facemos nada. Hai que prestarlle apoio aos compañeiros.

A xente do mar de Camariñas pensa que son moita subida de golpe. Se me fan pagar cerca de 300€ ao mes, polos 210 de antes, que imos facer.

Novas relacionadas

Comentarios