Mércores. 11.12.2019
El tiempo

As confrarías galegas protestan polo “desorbitante incremento das tarifas para a cotización por accidentes”

As confrarías galegas protestan polo “desorbitante incremento das tarifas para a cotización por accidentes”

As cofradías de mariñeiros galegas queren expresar ante a opinión pública a máis enérxica protesta e contrariedade polo desorbitante incremento das tarifas para a cotización por accidentes de traballo e enfermidades profesionais do Régimen Especial da Seguridade Social do Mar (REM).

Un incremento aprobado a través dun Real Decreto, que non foi consensuado nin consultado cos representantes do sector co cal a sorpresa é moito maior cando, según parece si consultaron coas grandes asociacións de autónomos a nivel nacional.

De aí que as Federacións Provinciales de Cofradías (A Coruña, Pontevedra e Lugo), con participación nas Comisións Executivas provinciales do Instituto Social da Mariña, manifestataran a súa oposición a estes cambios que afectan ao gran colectivo de mariscadoras a pé que hai en Galicia ademais do resto de traballadores autónomos do Réxime Especial do Mar, así como aos traballadores por conta allea dos Grupos 1º e 2º de cotización, con excepción dos traballadores do Grupo 3º de cotización (emb. menores de 10 TRB).

Deste xeito, unha mariscadora a pé tendrá unha subida mensual duns 45 €/mes, un armador (Patrón ou Mecánico), tendrá un incremento duns 50 €/mes e para un tripulante por conta allea do Grupo 2º (embarcacións maiores de 10 TRB), uns 50 €/mes.

Á vista desta actitude unilateral e de falta de dialogo do Goberno, a Federación Galega de Cofradías resérvase o dereito de levar a cabo accións en defensa dos intereses dos pescadores e mariscadores galegos, sen descartar accións conxuntas con outras Federacións de Cofradías autonómicas e da Federación Nacional.

Comentarios