Os peques do CEIP da Ponte do Porto, grandes crebeiros

Non ten parada este fin de curso para a familia de Már de Fábula. Este pasaso martes, foron 47 os escolares, de entre 3 e 5 anos, e 5 profesoras do CEIP da Ponte do Porto os que se achegaron ao centro de operacións da entidade en Camelle para realizar unha nova xornada medioambiental.

Desta volta o ceo estaba azul, e os peques puideron dar un paseo e ir recollendo unha manchea de elementos de plástico. De súpeto, a praia de Camelle, doméstica tranquila, coa súa ampla marea baixa de lúa chea, encheuse da música das voces infantís”, que disfrutaban ca semente medioambietal xerada na xornada.

Voltaron ao centro de creatividade, onde realizaron manualidades cos tesouros recollidos en forma de crebas.

Máis novas de Mar de Fábula