Domingo. 03.07.2022
El tiempo

O alumnado do IES Terra de Soneira examinou o estado de saúde da praia do Lago

Limpeza praia Mar de Fabula 1
O alumnado do IES Terra de Soneira examinou o estado de saúde da praia do Lago
Pensando xa na limpeza do Coidal do Vilán, aínda onte a activa familia de Mar de Fábula trasladouse á praia do Lago, en Camariñas, para realizar unha das súas avaliacións do estado de saúde ambiental dos nosos areais, gracias ao proxecto patrocinado plo GALP.

Uns “exames” que se basean nos parámetros fixados polos expertos da Comisión Europea que consideran que, unha praia calqueira do litoral europeo, para obter esta calificación, non debera presentar na súa area máis de 20 items, iguais ou superiores a 2,5 cm, por 100 metros lineais de praia.

Foron uns 29 [email protected] de 4º da ESO e dous profesores do IES Terra de Soneira os que se trasladaron para limpar e avaliar 350 do areal camariñán, e recolleron, a pesar do vento, unha marea de residuos, a pesar de que a primeira vista parecía estar limpo.

Exif_JPEG_420

Recolleron 21 anacos de plástico ríxido, 17 paos das bateas, 14 botellas, 366 anacos de cordas e aparellos de pesca, 13 tapóns, 5 anacos de roupa, outros 5 de madeira, 9 bastonciños… Así ata 514 residuos totais, dos que o 71% procede do sector da pesca.
Unha cifra que dá un resultado de 147 residuos por cada 100 metros de praia, situando esta praia entre os 332 da praia da Ermida e os case incribles 46 da praia urbana de Laxe.

Unha conclusión a tirar deste “curto ensaio é que unha cuestión totalmente aleatoria, suxeita a variables climáticas, ás dinámicas do litoral e cambiante dun día para outro”. “Hoxe por hoxe, o número 20 é unha utopía”, recoñece o propio Xosé Manuel Barros, “un obxectivo a acadar nun horizonte lonxano como deixa ver, nalgún momento, a redacción da propia normativa europea”.

Novas relacionadas

comentarios