Venres. 04.10.2024
El tiempo

O alumnado de Laxe, o gran coidador do areal

Exif_JPEG_420
O alumnado de Laxe, o gran coidador do areal

Sen tempo asimilar a baixa calificación da avaliación do estado ambiental da praia da Ermida, e recén recibida a calificación de Bandeira Azul, a praia de Laxe vén de suspender un chequeo de saúde. Foron Mar de Fábula e o alumnado do CEIP Cabo da Area os que saíron ao areal con este pioneiro proxecto no que colabora o GDR de revisión dos areais da contorna cos centros de ensino da comarca, aproveitando as táboas da Comisión Europea. A Directiva europea sinala que un areal debe ter menos de 20 items de lixo por cada cada 100 metros.

Foron 52 alum@s de 2º, 3º e 4º de primaria e de catro profesoras as que liparon durante hora e media. Tres días antes, as xentes de Mar de Fábula realizarán unha batida para cubrir un 75% da superficie do longo areal.

A colleita foi tremenda, de novo: 504 residuos (250 anacos de cordas e cordeis, 93 cabichas, 40 anacos de plástico…) sendo un 58% provinte do sector da pesca. Unha cifra que deixa unha media de 46 anacos de residuos por cada 100 metros de praia, algo mellor que a Ermida, pero aínda lonxe dos criterios da Directiva Europea.

As propias mestras recoñecían que saen constantente ao area a facer esas recollidas, polo que seguramente a súa acción sexa fundamental para o coidado do estado de saúde.

Exif_JPEG_420

Novas relacionadas

Comentarios