Venres. 29.03.2024
El tiempo

A rapazada do CEIP de Dumbría creou as súas criaturas de crebas con Mar de Fábula

Mar de Fabula creando con crebas
A rapazada do CEIP de Dumbría creou as súas criaturas de crebas con Mar de Fábula

Menudos meses sen parada para a familia da Asociación Mar de Fábula, levando o mar e o medioambiente ás aulas da Costa da Morte. Desta volta, e co gallo do Día dos Océanos, 11 escolares e 2 profesores do CEIP Santa Eulalia de Dumbria visitaron o centro da entidade en Camelle, para celebrar a data sen moito rebumbio pero cunha forte carga simbólica.

Unha sesión á que ademais se uniu o grupo de investigación EqualSea Lab da Universidade de Santiago, grupo centrado no estudo da Equidade e Gobernanza dos Océanos.

A sesión, debido ao persistente e incómodo orballo, provocou que a cativada tivera que pasar máis tempo do esperado a cuberto. Non houbo, apenas, sesión de recollida de lixo, de crebas, pero o galpón da entidade está cheo delas para abrir o tarro da creatividade.

Exif_JPEG_420

Primeiro Mar de Fábula contou historias da limpeza do mar, EqualSea Lab explicou tamén os seus proxectos como o estudo social que están realizando arredor da Reserva Mariña dos Miñarzos. Os escolares de Dumbría, atentos, fixeron preguntas pero notábase que tiñan gañas facer cousas coas súas mans, ceibar a súa imaxinación creando animais e figuras fantásticas xogando co lixo plástico almacenado no local.

Ao final, todos participaron no obradoiro e o aguerrido grupo de seis investigadores, sen querer esperar máis, baixaron á praia para coñecer de primeira man, enchoupados co fino orballo, o multicor agasallo de lixo mariño, que os océanos achegaban este día á praia de Camelle, para celebrar a súa efeméride.

Mar de Fabula Creando
Mar de Fabula Creando

Máis novas de Mar de Fábula

Comentarios