Venres. 29.03.2024
El tiempo

Pichurri: “Estamos nunha esquina de Europa, pero somos o corazón”

Pichurri: “Estamos nunha esquina de Europa, pero somos o corazón”
Pichurri alcalde e candidato do PSOE de Camarinas

Parece que o PSdG de Camariñas aspira a renovar os seus 7 concelleiros, e ampliar a renda co PP, para asegurar, unha lexislatura máis, a maioría absoluta. I é que Camariñas é un feudo socialista por historia, pois dende 1983 goberna na vila do Encaixe. Juan Bautista Santos Ramos estivo como alcalde do 83 ao 2007, cando colleu o relevo o actual alcalde.

Para saber como afronta o PSdG estas eleccións do 24 de maio de 2015, e despois de coñecer as 3 candidaturas que se presentan, falamos con actual alcalde e candidato do PSOE para Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, Pichurri.



  • QPC: Despois de 8 anos no goberno, con que obxectivo afronta a súa lista estas eleccións do 24M?

Afrontámolas con moita de moita responsabilidade para non defraudar aos veciños. Cremos, polo que nos está chegando dos veciños, que van renovar a confianza en nós, pero en democracia os cidadáns son os que deciden.
Nós, en tempos de dificultades, sempre estivemos aí, poñendo a nosa vida a disposición dos veciños, e esperamos que nolo recoñezan.



  • QPC: Cales son os puntos fortes do seu equipo?

Tivemos sempre un equipo moi traballador, con moita experiencia no goberno. Ademais temos dúas persoas novas, polo que formamos un equipo moi preparado. Así o reflexa a nosa revista, que demostra que o noso traballo están sendo moi frutífero. Xa non só falamos de obras en infraestrutras, senón programas como O Mar na Escola, proxectos para poñer a restauración do noso concello á altura do século XXI; a consonancia cas mariscadoras e a confraría, para poñer en valor o marisqueo como produto e en clave turística.

PSOE de Camarinas 2015
  • QPC: Cales cren que son as eivas máis grandes no seu concello?

Un solo industrial, que non o puidemos ter ata aprobar o PXOM, aprobado hai dous anos, e polo que agora nestes 4 anos intentaremos levalo adiante. Irá na entrada de Camariñas, nas Carballas.

E tamén temos unha demanda importante que é o Centro de Día para as persoas maiores. E estamos con elo.


  • QPC: Cal son as propostas máis importantes do seu programa?

Imos levar adiante, ou cando menos poñer a primeira pedra, grandes proxectos, como pode ser o Centro de Día, a posta en marcha do polígono de Camariñas e darlle un impulso ao da Ponte do Porto; imos tratar de conquerir unha bandeira azul na máis urbana, a Praia de Arou, e poñer en valor todo o patrimonio cultural e etnográfico do noso concello. Por exemplo darlle visibilidade ao proxecto do Museo de MAN, ou facer obras importantes para renovar a Praza de San Xurxo, a Praza da Ponte do Porto, e a praza do Campo Santo de Camelle.

Tivemos tamén importantes programas europeos como o YPAD e o REN, promovendo un interesante intercambio entre a xuventude camariñá con Europa. Todo eso para nós é fundamental, foi un traballo moi grande e vaise continuar nesa liña. Hoxe non hai fronteiras e temos que estar moi compenetrados cos país europeos. Estamos nunha esquina pero somos o corazón, a capital mundial do encaixe, e estamos sendo pioneiros na Costa da Morte, o que esta levando adiante esta ferramenta de contactos cos europeos. Os nosos técnicos están facendo moito e non necesitamos estar saíndo sempre na prensa.


  • QPC: Vai apostar o Concello por apoiar o Camiño dos Faros?

Por suposto. Xa estivemos ca Asociación Camiño dos Faros. Temos que xuntarnos os Concello cos trasnos e tratar de desenvolver para que quede como unha das rutas importantes a nivel internacional, porque o que fixeron foi un traballo tremendo, e teñen un éxito fabuloso. Sentímonos orgullosos, e non temos máis remedio os alcaldes que ir con eles.


  • QPC: Como potenciará a participación cidadá no Concello?

Xa a tivemos sempre dende que chegamos ao goberno. Este ano non puidemos, pero sempre tivemos reunións con todos os veciños, abertas po cada parroquia. Todos os anos tiveron unha reunión con cada unha, e seguiremos.
Ademais, os teléfonos do alcalde e dos concelleiros están 24 horas ao día abertos para os cidadáns.


  • QPC: Como ve a renovación nos dous partidos da oposición nesta lexislatura?

Eu teño a miña democracia, e sempre fun elixido por democracia na asemblea local, se ben ao do PP escollérono a dedo nomeado dende Coruña, como fai o Partido Popular sempre, ademais teñen unhas listas moito peor que os anos anteriores.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios