Piden o mantemento do Xardín de Man de Camelle

Nasa de lixo instalada por Mar de Fábula no Xardín de Mar

A portavoz do Partido Popular de Camariñas, Paula Mouzo Mas, formulará no vindeiro pleno ordinario dous rogos relacionados co estado de abandono do legado de Man de Camelle. 

O PP rescata unha petición realizada en maio de 2024, e volve solicitar "medidas necesarias para evitar a desaparición do legado artístico de Man de Camelle e do atractivo cultural e turístico que supón o seu espazo natural de creación (A casa e a súa contorna).

Propoñen que se cree unha comisión municipal para estudiar as medidas a levar e deseñar unha folla de ruta.

Máis novas