"É lamentable que a xente siga entrando, fumando e tirando as cabichas no Museo Xardín de Man"
O tempo pasa e o Museo Xardín de Man vaise degradando. Así o comprobaron os voluntari@s de Mar de Fábula e da Asociacion veciños de Camelle que organizaron esta fin de semana unha simbólica e efectiva limpeza do espazo.
Os participantes nesta acción medioambiental recolleron en dúas horas todo isto: 2 estachas, 450 anacos de espumas de porexpan, 17 latas de cerveza, 52 cabichas, 38 envases de lentillas (aínda seguen aparecendo...!), 20 envases e botellas de plástico, 80 cordas e cordeis, 8 máscaras, 50 tapas e tapóns, 23 bastonciños de algodón, 1 nasa, moitos anacos de plástico rotos, desgarrados, con tendencia ao infinito…
Dende as entidades lamentan que a xente non faga caso dos letreiros que deixan claro que non se pode pasar, facendolle dano irreparable aos bolos-arte de Man. Denuncian tamén que aínda hai xente que fuma no lugar e tira as cabichas, algo que parece que debería termossuperado.
Dende o mar, os detritos mariños que invaden o noso litoral, non respetan este recuncho único e singular.”A Asociación de veciños de Camelle e Mar de Fábula seguiremos limpando o Museo Xardín de Man porque, unha ruína se está limpa, é menos ruína”, avisan.
Novas relacionadas
- Outubro 2020: A veciñanza de Camelle mantén limpo o legado do Man.
- Marzo 19: A veciñanza de Camelle salva o seu mar.