Venres. 19.04.2024
El tiempo

Mar de Fábula denuncia cunha limpeza o incivismo dos visitantes no Xardín de Man

Exif_JPEG_420
Mar de Fabula limpou o Xardin de Man
Mar de Fábula denuncia cunha limpeza o incivismo dos visitantes no Xardín de Man

A última fin de semana de agosto ten sido de intensa actividade para a familiar da Asociación Mar de Fábula. Na mañá do sábado, 12 nenos e nenas de Camelle participaron primeiro, nunha recollida de lixo plástico miudo na praia e logo, desplazándose a uns poucos metros ao local de Mar de Fábula, deron os últimos arranxos as súa obras e crearon algunhas novas no último dos obradoiros da tempada.

Coa presencia dos familiares e amigos, déronse por rematados estos obradoiros patrocinados pola Deputación Provincial, desexando todos poder repetilos o verán que ven ou incluso antes. De agasallo, cada un dos nen@s levou unha camiseta rotulada cun dos peixes caóticos de Mar de Fábula.

Exif_JPEG_420

Limpeza do Xardín

Exif_JPEG_420

Na mañá do domingo, 21 voluntarios, adultos e nen@s da Asociación de Veciños de Camelle e Mar de Fábula, deron de novo unha boa batida de limpeza para aliviar da suciedade e deterioro os restos do que foi unha espléndida ensoñación museística dun home absolutamente singular, ecoloxísta radical, artista e intelectual.

Durante a primeira media hora, nun proceso de reflexión conxunta, fixose unha valoración da situación actual, dos anos pasados e das promesas inclumplidas das administraccións e do desleixo daqueles que consideran que este lugar máxico é arte efémera que haina que deixa morrer. Man quería que o seu museo durara no tempo e para iso deixou unha chea de diñeiro para o seu manteñemento. Os veciños de Camelle queren cumplir a súa memoria e que a súa obra escultórica sexa reconstruída.

Despois das palabras pasouse á acción para apañar unha chea de residuos plásticos que o incivismo de algúns visitantes, auténticos bárbaros chegados este verán, invadindo o museo e deixando a súa pegada dentro e fóra do recinto.

O resultado da triste colleita foi o seguinte; 159 cabichas e filtros de cigarros tirados no chan e deixados nas concavidades da obra de Man; 9 máscaras do covid; 10 latas de bebidas; 23 botellas de plástico; 132 anacos de espuma de porexpan; 8 lentillas; 19 tapóns, 9 paos plásticos das bateas do mexillón, 108 anacos de plásticos dun só uso, 35 anacos de papel e cartón, 23 anacos de plástico ríxido; unha morea de cabos, cordas, anacos de nasas e redes; e centos de anaquiños de lixo plástico miudo e microplásticos; ademais dunha botella de vidro, unha nasa portuguesa, unha cadeira de ferro e madeira e un somier metálico.

Cando sexa instalado o cartel de “PROHIBIDO O PASO” encargado polo concello, esta desfeita seguro quedará disminuída.

Novas relacionadas

Comentarios