A praia Area da Vila convertida nunha aula de educación ambiental para a cativa do CEIP Areal de Camariñas

Fermosa acción de limpeza e concienciación ambiental a levado a cabo o pasado xoves na praia Area da Vila, de Camariñas. A rapazada do CEIP O Areal de Camariñas viviu a súa experiencia ambiental en período lectivo artellada por Mar de Fábula (co apoio da Deputación), conseguindo levar ás aulas a problemática do lixo mariño e a importancia de coidar as nosas contornas naturais.
Foron 37 escolares de 3º e 4º de primaria e tres profesoras do centro de ensino os que peitearon este areal de 200 metros de lonxitude para avaliar o seu Bo Estado Ambiental (BEA). Unha cita, desta volta polo outono, que ten intención de ser realizada cada estación do ano dentro do período lectivo, co obxectivo de avaliar o estado de saúde global ao longo do ano do areal.
"É sempre unha delicia contemplar a chegada dos cativiños ao lonxe dende o centro de operacións que montamos no medio da praia", describe satisfeito Xosé Manuel Barros, alma de Mar de Fábula. "Veñen andando, rebuldeiros, baixo o coidado das profesoras, cruzando as poucas rúas que separan o seu centro de ensino desta praia que estamos a convertir en aula de educación ambiental do Ceip O Areal".
Dende as 10:30 horas da mañá e durante hora e media de limpeza e caracterización do lixo mariño recollido, os nenos e nenas, contentos, sentíndose protagonistas, no paraban de percorrer as liñas de marea apañando refugallos, inquirindo e dando claves tamén porque todos eles foron agarimados dende pequenos polas voces do mar de Camariñas.
Finalmente, conseguiron que non sigan contaminando 15 envases e botellas de plástico; 79 anacos de bolsas de plástico e plástico ríxido; 158 cordas e cordeis; 1 aparello grande de pesca; 7 restos de telas; 10 latas de bebidas; 3 anacos de ferros e 98 toalliñas húmidas...
Avaliación ambiental
Aproveitou Mar de Fábula para avaliar o estado ambienta, e ensinar á rapazada como se mide.
Desta volta, foron un total de 371 residuo.
20 residuos >2,5cm por 100 metros de praia é o Valor de Umbral fixado polos expertos da CE para obter a calificación de Bo Estado Ambiental (BEA) dun areal europeo.
- Limpeza de inverno (18 febreiro) = 470 residuos (300 toalliñas húmidas: 64%).
- Limpeza de primavera (8 maio) = 736 residuos (246 toalliñas húmidas: 33%).
- Limpeza de outono (16 outubro) = 371 residuos (98 toalliñas húmidas: 26%).
Así, extraen varias conclusións: O número total de residuos apañados en cada estación do ano varía en función da dinámica do litoral. Non hai unha tendencia marcada pero os resultados están lonxe de acadar a calificación de BEA para esta praia.
O que sí aparece como tendencia é o número descendente de toalliñas húmidas en cada limpeza, unha noticia positiva porque podería significar unha maior concienciación dos veciños para non eliminar este residuo polo retretes.
Outras novas