luns. 06.10.2025
El tiempo

O disperso lixo mariño restacado polo voluntariado de Mar de Fábula na praia do Lago de Camariñas

Lixo na Limpeza Praia do Lago Camarinas Mar de Fabula
Lixo recollido na limpeza de Mar de Fábula na praia do Lago de Camariñas
O disperso lixo mariño restacado polo voluntariado de Mar de Fábula na praia do Lago de Camariñas

A praia do Lago de Camariñas quedou un pouco máis limpa, gracias á limpeza protagonizada polo voluntariado de Mar de Fábula esta fin de semana. En pouco máis dunha hora de traballo, 14 persoas rescataron 39 kg de lixo mariño que non voltarán contaminar.

Debido a súa localización e ao comportamento de correntes e mareas, este fermoso areal actúa como recolledor dunha pequena parte do lixo que chega ao mar. 

Entre o recollido, destacan/lamentan a presenza de moitos produtos hixiénico-sanitarios procedentes do primeiro mal uso do retrete como cubo do lixo e das posteriores descargas das depuradoras que presisan unha urxente revisión e modernización na súa función. Pero tamén chegaron multitude de anacos de cordas e cabos de pesca, así como tapóns de botellas, bidóns e doutro tipo de envases.

Lixo na Limpeza Praia do Lago Camarinas Mar de Fabula 2

Con todo, a familia de mar de Fábula adicoulle esta limpeza á Doutora Jane Goodall, falecida o pasado 1 de outubro. "Persoa referente no coidado da natureza até o final mesmo da súa vida e que nos deixa un legado no que apoiarnos para continuar na loita por un mundo mellor".

Mar de Fabula limpeza Praia do Lago camarinas

Máis novas

Comentarios