A preestrea do programa “Eu son Camariñas” encheu a vila do Encaixe de orgullo

Máis de 150 persoas encheron o pasado domingo a Casa de Pedra para a preestrea do programa “Eu Son Camariñas”. O propio creador desta obra sobre o “orgullo camariñán”, Diego Alonso Freire, presentou e debullou polo miúdo este proxecto que leva en marcha 6 meses.
Diego Alonso recalcou no acto de preestrea que “éste non é o típico programa promocional no cal se mostran as paisaxes máis impoñentes de Camariñas, se non que trata de poñer en valor ás persoas do concello e mostrar a valía da nosa xuventude”.
Tamén pasaron polo estrado os Fran Barcia (acordeón), Belem Tajes (piano e voz), Carlos Barcia (guitarra), David Carril (gaita e vento) e JM Fernández (baixo).
Antes de proceder coa visualización, trouxeron un par de vídeo sorpresa, da man duns protaonistas, o gaiteiro xaviñán residente en Londres David Carril que non pudo asistir ao acto, así como doutro video do xogador de balonmán Víctor Vigo. “O mellor deportista de todos os tempos da Costa da Morte” e xogador indiscutible do Quabit Guadalajara na mellor liga de balonmán do mundo formará parte deste proxecto promocional como o mellor exemplo do que a xuventude camariñana ten dado.
Despois dunha media hora de exposición do proxecto por parte de Diego Alonso chegaba o turno de enseñar o video promocional deste proxecto que emocionaba a todos e cada un dos espectadores que, ao remate dos caseque catro minutos do video, estouparon nun aplauso sinceiro e emocionado. Algunhas desas persoas que estaban nas butacas da primeira fila se acercaron aos creadores con bágoas nos seus ollos a felicitalos pola gran emotividade do traballo audiovisual.
A alcaldesa anunciou que a estrea oficial de Eu Son Camariñas será celebrada na tarde do venres santo dentro da sala de desfiles da Mostra do Encaixe de Camariñas. E así chegaba o momento da clausura do acto cos agradecementos de Diego Alonso a todos os participantes aos que emplazou a saír á rúa e levar con orgullo o nome de Camariñas.
O resto do mundo xa estamos desexando escoitar ese tema composto por Belem que nace do son dos palillos das palilleiras.