Venres. 29.03.2024
El tiempo

Que pasa ca vertedura de graxa nas praias de Camariñas?

Vertido de graxa nas praias de Camarinas
Así é a graxa vertida no litoral camariñán
Que pasa ca vertedura de graxa nas praias de Camariñas?

Esta fin de semana aparecían varias praias de Camariñas absolutamente contamidadas por unha vertedura de graxa. Centos de bolas de todos os tamaños (a meirande de 6 kilos) de lubricante industrial de cor amarela empezaron a chegar a distintos puntos da costa, dende o Caramuxeiro ata Arou.

A sustancia parece ser con toda probabilidade graxa lubricante da utilizada nos rodamentos e maquinaria dos barcos para evitar a corrosión que chega solidificada normalmente rota en pequenas pezas. Con todo, si que se puido observar aves mariñas co plumaxe impregnado dunha substancia amarela, polo que pode haber zonas ou balsas en estado líquido e que poría en grave risco a especies como os chorlitos grises que habitan en zonas areosas.

Críticas do BNG

Así o denuncia hoxe o BNG ante a falta de medidas por parte das administracións. Nestor Rego, deputado polo BNG no Congreso ven de rexistrar unha serie de preguntas sobre o suceso, lembrando que hai apenas 2 anos que a Costa da Morte sufría unha vertedura semellante que provocou a mortaldade de máis de 300 aves mariñas, en a súa maioría, galafatos (ou frailes), ao quedar impregnadas.

A realidade é que por ahora, tralo aviso a Gardacostas e autoridades, non hai información pública sobre a orixe ou intensidade da vertedura, nin sobre as medidas preventivas adoptadas. “Témese que aínda poida haber unha balsa ou gran mancha de lubricante en alta mar e que os restos chegados á costa grazas ao vento do norte sexan unha pequena parte, por iso sería necesario inspeccionar a costa e a superficie marítima próxima para poder realizar labores de limpeza antes de que esta vertedura chegue aos areais ou zonas de pedras, onde poría en serio risco a distintas especies”, sinala Rego. “Afectaría principalmente aos bancos marisqueiros e a especies de aves mariñas, sobre todo si polo efecto das altas temperaturas chega en estado líquido ás praias e rocas”.

Ante todo isto Reg preguntou no Congreso si o Ministerio para la Transición Ecológica y Reto vai tomar medidas para enviar danos, a analizar a orixe do mesmo e actuar contra os responsables do mesmo, así como establecer un plan de protección da fauna mariña que poida verse afectada polo mesmo”.

Novas relacionadas

Comentarios