A rapazada de Camariñas aprende surf no cole
10:44 22/03/21
Como nos presta ver que o mar, a través do deporte, entra nas aulas. Pioneiro na materia é o programa O Mar na Escola, paralizado dende o ano pasado e só recuperado precisamente en Camariñas.
E precisamente foron os coles de Camariñas os que seguindo a estela dos de Malpica, comezaron unhas sesións de surf. O CEIP de Camariñas e da Ponte do Porto recibiron unhas clases, por agora en seco, da actividade Aprende co SURFING, subvencionada pola Deputacion da Coruña e o Concello.
Neste novidoso programa promovido pola Federación Española de Surf e a entidade Surf and Clean participan escolares de terceiro e cuarto de ambos CEIPS do Concello de Camariñas. A práctica na auga está prevista par a semana do 12 ao 16 de abril.