Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Recuperando a cultura marítima do escafandro

  • Mar de Fábula organiza obradoiros para axudar a realizar os escafandros, e convoca unha limpeza da contorna da casa do Alemán para o 28 de decembro.
Escafandro de Manolito Basuras
Este xa é o escafandro de Manolito Basuras
Recuperando a cultura marítima do escafandro

A A.C. Naufraxios Galecos convoca o IV Concurso de Escafandros Virtual. Un certame enmarcado nesa posta en valor do legado marítimo da vila de Camelle, como fai a entidade arredor do City of Agra, pero lembrando ademais que Camelle acolleu entre os 1898 e o 1965 unha estación de Salvamento pioneira en Europa.
Así, durante eses 60 anos realizáronse numerosas accións de atención aos naufraxios, e recuperación de tesouros afundidos, sendo a figura do buzo unha das grandes destacadas.

Para todo iso, a entidade organiza este concurso, que xa no nadal de 2019-2020 vivíu unha fermosa edición. Hai 3 categorías, e xa hai vídeos subidos ao grupo de Facebook do certame.

A rapazada que queira axuda, poderá acodir aos obradoiros que vai realizar Mar de Fábula os martes 27 e sábado 31 de decembro, ás 11.00h no seu local, sito, no paseo marítimo de Camelle, fronte ao areal.

No certame colaboran as entidades camellás ANPA Campo da Area, A Folja da Faneca, Mar de Fábula, o Concello de Camariñas e a Deputación.

Bases Concurso de escafandros camelle 2023

Limpeza

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Ademais, Mar de Fabula organiza para o mércores 28 de decembro, co gallo co 20 aniversario do pasamento de MAN. En Mar de Fábula, pensamos que a mellor das homenaxes que lle podemos facer é realizar unha limpeza na contorna da súa casa-xardín artístico. Contaremos ca participación da Asociación de Veciñxs A Pergoliña de Camelle e co apoio loxístico, coma sempre, do Concello de Camariñas.

Novas relacionadas

Comentarios