Venres. 26.04.2024
El tiempo

Requisados 67,30 kilogramos de polbo ilegal en Camariñas

Capachos de polbo aprenhendido pola Garda Civil en Camarinas
Requisados 67,30 kilogramos de polbo ilegal en Camariñas

Os axentes do Servizo Marítimo da Garda Civil da Coruña, durante un control rutinario, detectaron como unha embarcación que descargaba no porto camariñán dous capachos que introducían directamente nunha furgoneta sen pasar pola lonxa.

Os axentes daban o alto á mencionada furgoneta cando se dispoñía a abandonar o porto, observando no interior do vehículo os dous capachos cos 67,30 kilogramos de polbo valorado en 1.800 euros.

A Garda Civil procedeu á confección das pertinentes denuncias por supostas infraccións á Lei de Pesca de Galicia (transporte de produtos de pesca sen a documentación reglamentaria, incumprimento das normas da pesaxe antes da primeira venda, incumprimento dos topes da captura e por captura e desembarque de especies de talla ou peso inferior ao regulamentario) así como ao decomiso das propias capturas.

Unha parte do polbo incautado, uns 37,65 Kilogramos, foi reintegrado ao mar ao atoparse vivo e o resto foi entregado ao Centro Pai Rubinos da Coruña.