xoves. 01.05.2025
El tiempo

Sandra Insua é a nova alcaldesa de Camariñas

Sandra Insua é a nova alcaldesa de Camariñas
investidura-sandra-insua-alcaldesa-camarinas Varios representantes do PSdeG, entre eles Gonzalo Caballero, asistiron hoxe ao pleno de investidura de Sandra Ínsua como alcaldesa de Camariñas A socialista Sandra Ínsua tomou esta mañá posesión do seu cargo como alcaldesa de Camariñas despois de que Pichurri presentase o pasado 24 de agosto a súa dimisión tras facerse pública a ratificación da súa inhabilitación de 4 anos. Numerosos veciños, medios de comunicación e membros do PSdeG de toda a Costa da Morte e incluso o secretario xeral - Gonzalo Caballero - presenciaron o acto de toma de posesión. Sandra Ínsua - que se postula como a candidata socialista ás próximas eleccións municipais do 2019 - é así a primeira muller que goberna o municipio de Camariñas, un dato do que manifestou "estar orgullosa". O partido socilista leva 35 anos gobernando en Camariñas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/pichurri-presentou-a-sua-dimision/ “O PSdG provincial respalda a Pichurri que liderará os pasos a dar trala súa inhabilitación” — Que pasa na costa “Pichurri apelará ao Tribunal Supremo a súa ratificada inhabilitación” — Que pasa na costa

Máis novas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
 

Comentarios