O Sergas recolle as queixas das familias e asegura que Camariñas recuperará o pediatra “nos próximos días”

Centro de Saúde da Ponte do Porto

Dende agosto levan sen pediatra as familias de Camariñas. Pero semella que a protesta realizada a semana pasada non caeu en saco roto, porque o Sergas vén de confirmarlle á alcadesa de Camariñas que o pediatra se reincorporará “nos próximos días”.

Previamente, e despois das queixas da veciñanza, Sandra Insua púxose en contacto co xerente do SERGAS, Luis Verde, para trasladarlle a súa inquedanza pola ausencia do servizo. O responsable do SERGAS confirmou que o pediatra estaba de baixa e se reincorporará nos próximos días, manténdose o servizo 3 días en Camariñas e 2 na Ponte do Porto.

 

Novas relacionadas