Camariñas leva sen pediatra dende agosto, sobrecargando os centros de Vimianzo e Baio-Zas

Levamos anos recollendo as denuncias dos colectivos sociais e grupos políticos da oposición sobre os recortes da Xunta en materia de sanidade. A última situación vense a dar en Camariñas, onde as familias de todo o termo municipal levan en agosto sen pediatra. Pero é que ademais, a puericultora do Centro de Saúde camariñán está de baixa, e non se sabe cando se incorporará, polo que as familias, teoricamente teñen que levar aos nenos ata Vimianzo, ou incluso ata Baio ou Zas, xa que o centro vimiancés está bastante saturado.
Deste xeito, aqueles nen@s, menores de 2 anos, que teñen controis rutinarios con vacinas e demais, estanse derivando tanto a Vimianzo como a Baio-Zas, pero os maiores que teñen controis bianuais, tócalles esperar, polo momento.
Se a situación xa é grave, pero aínda é o tema das Urxencias, que se están atendendo tamén indistintamente entre Vimianzo e Zas, intentando ser equitativos para non sobrecargar máis ás dúas pediatras dos centros soneiráns, que xa atenden entre 40 e 50 nen@s cada día.
Queixas do BNG
Tamén se fai eco destas queixas o BNG de Camariñas, que lamenta “o total desprezo do Sergas e da Xunta de Galicia ao noso concello e a toda a Costa da Morte”. Xurxo Rod. Baña denuncia o “desprezo” da Xunta ás familias por negarlles a asistencia médica continuada no servizo de pediatría en Camariñas, e o une á falta de concreción de “infraestruturas prometidas” como a autovía.
”Fan caso omiso das denuncias, das protestas dos concellos e dos grupos parlamentarios, desprezan as queixas no valedor do povo e privan a veciñanza das nosas vilas do dereito fundamental a sanidade máis básica”, denuncia.
Novas relacionadas
- Xullo 21: O BNG volve levar ao Parlamento a eterna problemática cos pediatras na Costa da Morte.
- Cando rir é un acto revolucionario.
- Abril 21: As familias da Costa mobilizáronse pola recuperación da Sanidade Pública.
- Abril 2021: Un himno na loita por un servizo de pediatría digno.
- Marzo 2021: Xarda analiza a crúa realidade da sanidade pública con voces costeiras.
- Novembro 2020: Milleiros de persoas clamaron nas redes a necesidade de máis pediatras e matronas.
- Familias da Costa da Morte lideran unha Plataforma para esixir pediratras e matronas en todo o rural galego.
- DirectosQPC sobre o SERGAS: As principais campañas sobre hábitos saudables en anuncios de refrescos ou galletas”.
- Outubro 2020: 17 anos de promesas pero Fisterra segue sen novo Centro de Saúde
- Outubro 2020: Carnota mobilízase para recuperar o seu servizo de pediatría.
- Setembro 2020: As profesionais do Servizo de Atención Primaria de Vimianzo describen a súa precaria situación.
- Febreiro 2020: Manifestación comarcal en Cee contra os recortes en pediatría: “Somos familias aos que se nos está negando o dereito a unha sanidade pública digna”.