Venres. 29.03.2024
El tiempo

As familias da Costa mobilizáronse pola recuperación da Sanidade Pública

Concentracion pola sanidade publica en Cee
As familias da Costa mobilizáronse pola recuperación da Sanidade Pública

A Praza 8 de marzo de Cee foi un dos numerosos lugares en toda Galicia que acollía esta pasada tarde de mércores 21 de abril unha concentración pola Recuperación da Sanidade Pública. Convocadas en Galicia pola Plataforma de SOS Sanidade Pública, e coordinada na comarca pola Plataforma Pediatras e Matronas en Galicia Xa!, foi unha nova concentración para esixir que paren os recortes na materia.

As familias presentes repartiron a letra e cantaron o himno que acaban de estrear, e en clave festiva lembraron os puntos fundamentais da mobilización:

  • Normalizar os centros de saude e garantir a asistencia presencial.
  • Plan para afrontar as listas de agarda acumuladas.
  • Información transparente e acceso universal ás vacinas covid.
  • Incrementar o persoal e rematar coa súa precariedade e inestabilidade.
  • Rexeitar a reforma da lei Galega de Saúde que recorta as liberdades cívicas.
 

Novas relacionadas

Comentarios