Mércores. 20.01.2021
El tiempo

Milleiros de persoas clamaron nas redes a necesidade de máis pediatras e matronas

A Concelleira de Educación, María Álvarez, como todos os membros do grupo de goberno do Concello de Malpica, sumouse á campaña PediatrasXA e MatronasXa

Máis que satisfeitas amósanse as responsables da Plataforma Pediatras e Matronas Xa, do alcance do seu reto viral do pasado venres.

Un reto que invitaba a toda a sociedade a sumarse cunha foto en branco e negro e cos brazos cruzados, para dar conta do consenso que ten esta petición no país. Un reto ao que se uniron milleiros de persoas e entidades. Farmacias, partidos políticos, concellos, asociacións, clínicas, personalidades, comercios, medios de comunicación, xente anónima… uníronse enviando as súas imaxes, a meirande parte etiquetando #MatronasXa e #PediatrasXa.

Así o refrendan as citas das redes sociais da entidade (Facebook Pediatras e matronas Xa e @pediatrasgalicia en instagram), que aumentaron o seu impacto ata nun 1.500%, chegando a arredor de 50.000 persoas en toda Galicia.

Mentres segue aberta a recolleita de sinaturas en change.org.

Pediatras Galicia Xa

Novas relacionadas

Reportaxes sobre o precario servizo de pediatría na Costa da Morte

comentarios