Un home falece dun infarto na rúa na Ponte do Porto
14:53 01/05/15
Esta mañá de venres 1 de maio a Ponte do Porto aparecía conmocionada pola aparición, na Rúa da Insua, dun home falecido. Un veciño da vila, de 59 anos, aparecía á porta da casa.
Ao comezo pensaron que podía ter sido un accidente pero parece que finalmente foi un infarto o que acabou ca vida co veciño camariñán.
Ao lugar acodiron Urxencias Médicas, Protección Civil de Camariñas.
Fonte
Redacción de QPC.