Un partido de pádel no polígono de Vimianzo

Finalmente as apostas polo circuito de karting fallaron, pero estiveron preto. Será unha nave con pistas de pádel a que estree o Polígono Empresarial de Vimianzo. Ese Polígono que leva 5 anos baleiro, berrando auxilio pola ocupación. Púxose de rebaixas este mes de agosto, e non sabemos se por eso, ou polas axudas do GDR Costa da Morte (O proxecto está en trámite, aínda non aprobadas definitivamente), pero en breve comezarán as obras.

I é que María Soledad Facal Pérez, que vai levar adiante o proxecto con ou sen axuda, solicitou unha subvención do GDR para desenvolver un proxecto de máis de 350.000€, que suporá a creación de 5 pistas de Pádel no Polígono Industrial de Vimianzo. Para levar a cabo o proxecto vaise facer unha nave de máis de 2.100 m2 construidos e equiparase para ter 5 pistas, vestiarios, solariums, zona de descanso, ximnasio, sala de estiramento… Un completo.

Máis empresas para o polígono

Mentres a nave da panadeira segue esperando para porse a funcionar, outra empresa de equipamento de hostelería instalarase tamén en breve no parque empresarial vimiancés, despois de que o polígono da Ponte do Porto estea algo parado. Falamos da empresa camariñá Martínez y Villar, S.C. que desenvolverá tamén coas axudas do GDR a InstalaciónTaller de Mantemento e Reparación de Equipamentos de Hostelería.

GDR-Costa da Morte

O GDR 3 abrangue unha ampla zona costeira, incluíndo Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas. Pretende afianzarse como núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do seu territorio de actuación. Así que se tes un proxecto empresarial, e necesitas axudas, non dubides en poñerte en contacto con eles.

Máis información

Novas sobre o polígono

Campaña GDR

Proxectos en marcha

Fonte