Os empresarios piden información sobre a situación legal do parque empresarial de Vimianzo

09:10 14/02/11

Obra finalizada pero sen rematar
Denuncian os empresarios que malia estar a obra finalizada a finais de 2008, unha empresa interesada en mercar unha parcela "seguiría sen poder executar nada no parque, e nin rexistrar a parcela ao seu nome, xa que SEA a finais do 2010, non tiña aínda o Parque rexistrado na súa totalidade". Afirman descoñecer "o motivo, polo que, o concello non recepcionou devandita obra. Imaxinabamos ou se comentaba, que era por deficiencias varias, entre outras, o reforzamento da subministración de auga. Agora publícase nos medios de comunicación, que se vai a recepcionar o 28 de febreiro, sen que se fixo ningunha obra en ningún sentido".Interesados pero dubidativos
Segundo datos que manexan dende a entidade, hai empresas interesadas en instalarse no parque, tal vez menos de 10. Pero estas empresas tamén queren que desde o Concello se clarexen certas cousas, tales como o tema de impostos:- En reunión mantida no Concello, cos tres grupos, PSOE, PP e BGG, o 17/11/2010, para tratar o tema de impostos, ICIO (Imposto sobre Construcións Instalacións e Obras) IBI (Imposto Bens Inmobles) e IAE (Imposto de Actividades Económicas), na cal os tres estiveron de acordo en estudar formulas para reducir devanditos impostos, para incentivar ás empresas que se instalasen o polígono. "Pero descoñecemos en que situación está o tema ese, xa que de momento, non nos notificaron nada", denuncian.
- "Tamén preguntamos que parámetros teñen que cumprir as augas residuais para verter no colector municipal, tampouco a isto obtivemos resposta". E continúan "Quere isto dicir que no caso de empresas que xeren residuos contaminantes terían que soportar os gastos dunha segunda depuradora?"
Novas relacionadas
- O Concello de Vimianzo podería recibir o parque empresarial a pesar da negativa da oposición.
- Aprobado o parque eólico no Alto da Croa.
- Os empresarios da Costa reividican unha atención especial das adminstracións.
- A Costa do Retraso.
- O Goberno non cede cos prezos do Parque Empresarial de Vimianzo.
Fonte
- Nota de prensa da Asociación de Empresarios da Costa da Morte.