Luns. 29.04.2024
El tiempo

Polo patrimonio da Costa da Morte

Polo patrimonio da Costa da Morte
Descubrindo a Costa da Morte co GDR

Seguimos espallando a campaña do GDR Costa da Morte de dinamización, coidado, e disfrute da nosa bisbarra. Unha campaña enfocada a demostrar todo o noso potencial, para facelo máis visible ao visitante, pero tamén para sacar o noso orgullo e facer que que sexamos conscientes, nós, os veciños, de todo o que temos. Unha campaña para coidar o noso patrimonio.

Desta volta toca recordar a riqueza do noso patrimonio, tanto o natural como o etnográfico ou arquitectónico. Falamos de praias, montes, ríos… falamos de muíños, hórreos, cascos históricos, faros, igrexas de lenda, pazos e castelos… falamos de Camiño, falamos de Costa da Morte.

”Para vivir, quero Costa da Morte”

GDR-Costa da Morte

O GDR 3 abrangue unha ampla zona costeira, incluíndo Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas. Pretende afianzarse como núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do seu territorio de actuación. Así que se tes un proxecto empresarial, e necesitas axudas, non dubides en poñerte en contacto con eles.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios