Un xuño de baile, teatro e lumareas en Camariñas
Neste mesmo escenario, pero o domingo, terá lugar o peche da actividade para a Escola Municipal de Música e Baile Tradicional cunha Exhibición dos e das participantes. O recital comezará tamén as sete da tarde.
Pero non remata aquí, nin moito menos, a actividade. O Domingo 12, as seis da tarde e na Casa de Pedra, os nenos e nenas da Escola Municipal de teatro porán en escena o espectáculo “O Caracol Cardiño”. Ese mesmo día, as 20:00 horas, na Casa do Alemán en Camelle, será a representación de “A outra Carapuchiña” tamén da man da Escola Municipal de Teatro.
O luns 20, na Virxe do Monte, os ritos ancestrais para celebrar o solsticio de verán serán os protagonistas nunha nova “Noite de Solpor”, mentres que o mércores 22, a Escola Municipal de Teatro pechará actividades coa representación, no CEIP de O Allo, as 9:30 horas de “A voda da Pulga e o Piollo”, coincidindo co peche do curso escolar.
Por ultimo, para celebrar o San Xoán como se merece, o xoves 23 de Xuño, dende as cinco da tarde, haberá inchables na Area da Vila, nunha actividade en colaboración coa asociación Lumarea da Vila.
Fonte
- Concello de Camariñas.