Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unha bufanda que percorre o mundo

Unha bufanda que percorre o mundo
Bufandas viaxeiras do SD Camelle

Poucas veces o Fútbol da Costa é unha cousa tan internacional. Temos estado en NY co tiqui-taca costeiro, é certo, e en breve seguro que co Album de cromos o fútbol costeiro traspasa fronteiras. Pero o que está a facer a afección do SD Camelle coas súas bufandas é digno de reportaxe.

#Sedadaboa (como o hastag que utilizan os siareiros camelláns) é o que lle están dando esta volcada afección ao seu equipo. Ademais de encher cada 15 días o Rodeiro, non paran de acompañar ao equipo por toda a bisbarra.

E é máis que normal, se están afeitos a levar o Camelle, ademais de no corazón, na maleta en forma de bufanda cando van de viaxe, ou emigrados. Brasil, Francia, Inglaterra, México, Finlandia, Suiza... ata o Vaticano ten chegado a bufanda viaxeira!

Así podemos ver os bufandeiros viaxeiros do Camelle por todo o mundo. Máis de 25 fotos puidemos atopar no Facebook de Camelle, e de seguro que serán moitas máis as que vaian achegando co tempo.

Aquí recollemos unha captura e os nomes dos protagonistas, que se merecen unha boa mención:

  • Adrián Pérez Rodríguez en Salvador de Bahía (Brasil) e no Bernabeu.
  • Adriana Carracedo Tajes en Fuerteventura.
  • Adriana en Pagi en París.
  • No parke natural de Stonehenge (Inglaterra).
  • Carlos de Dido dende o Cebreiro.
  • David Suarez na Ponte Colgante de Vizcaia.
  • David Vázquez en Valencia.
  • Inés e a Tamara na Volta a España 2013.
  • Julio Romero e a súa familia levan a S.D. Camelle ata EuroDisney.
  • Kevin Leis en Tower Bridge (London).
  • Macarena Canosa Marcote en Lucerna-Suiza e en Verona-Italia.
  • Maite Tedín con Veronica, duas de Camelle de Arriba na sede da FIFA en Zurich, Suiza.
  • Maria Mouzo en Chichén Itza - México.
  • Mario na porta do Guggenheim.
  • Mario Vázquez Méndez coa illa de Ons ó fondo.
  • Miguel Riveiro en Ibiza.
  • Os nosos siareiros seguen a viaxar desta vez as Rias Baixas.
  • Rafael Tedín Álvarez en Finlandia.
  • Raúl e Pilar dende a Vila Termal Lobios, Ourense.
  • René e Kevin no estadio de Wembley (London).
  • Rosa e o seu fillo Iago en Combarro.
  • Suso Carracedo Tajes e Se Luis Camelle en Santa Cruz de Tenerife.
  • Tania Marcote Barreiro, Diego Suárez Cives, Rosi e Damián na plaza de San Pedro, Vaticano.

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios