venres. 31.07.2026
El tiempo

O pleno de Corcubión rexeita unha moción necesaria para abrir o Centro de Día

Equipo de goberno do BNG nopleno de Corcubion
Equipo de goberno do BNG no pleno de Corcubión
O pleno de Corcubión rexeita unha moción necesaria para abrir o Centro de Día

Acollía o pleno de Corcubión deste xoves unha moción importante para poder abrir, por fin, o Centro de Día. O grupo de goberno do BNG presentaba unha moción para poder solicitar uns fondos do POS Único que permitía acceder aos fondos da Deputación e culminar a apertura de unha das reivindicacións máis históricas e necesarias da vila.

A proposta da alcaldía dentro de dito plan provincial incluía 66.899,61 euros para subministración de equipamento necesario para apertura do Centro de Día, e 33.100,76 euros para obras de mellora nas súas instalacións.

Parecía un pequeno trámite para poder acondicionar o edificio e poder abrir antes de que rematase o verán, como anunciara o Concello despois de claudicar ante a negativa da Xunta de asumir as súas responsabilidades en materia de dependencia.

Pero non foi así. Os tres grupos da oposiciión, PSOE, PP e Sempre Corcubión uníronse e rexeitaron a proposta argumentando que non houbo comisión informativa previa para acordar, as obras, coa oposición. Alfredo González, de Sempre Corcubión, considera que “parece un xogo á desesperada, que a min me parece unha desconfianza, agora estando xa no final da lexislatura”.

Para o grupo de goberno está é unha “demostración da irresponsabilidade dos grupos da oposición”. “Despois de máis de vinte anos de promesas, atrasos e oportunidades perdidas, cando por primeira vez existía unha posibilidade real de abrir este servizo nesta lexislatura, a oposición decidiu poñerse do lado do bloqueo. Unha decisión absolutamente irresponsable e incomprensible que pode botar por terra anos de traballo e de xestión” critica o grupo do BNG.

Máis novas

Comentarios