Camariñas, Vimianzo e Zas fomentan o emprendemento
Canto se necesitan estas Accións destinadas a fomentar o emprendemento e de formación para persoas desempregadas. I é que a día de hoxe o autoemprego é unha das poucas saídas que quedan sempre abertas.
Así, a área de Promoción económica do Concello de Vimianzo desenvoverá, en colaboración coa Deputación da Coruña e cos concellos de Camariñas e Zas, unhas xornadas dedicadas ás emprendedoras e emprendedores.
As “Xornadas de motivación para emprender”, tratarán temas como a motivación para o emprendemento, a Lei do emprendedor, o deseño de marca, a imaxe e a innovación e o cooperativismo e a economía social.
Desenvolveranse os días 23 e 24 de setembro na Casa da Cultura de Vimianzo en horario de 9:30 a 14:00 h.
Máis cursos de alfabetización dixital
Por outra banda na Aula CEMIT de Vimianzo tamén se desenvolverán proximamamente distintos cursos destinados a persoas desempregadas.
O curso “Fai o teu curriculo e a túa carta de presentación” terá lugar os días 22 e 29 de setembro e o curso “Búsqueda de emprego” terá lugar os días 6 e 13 de outubro, os dous de 16:15 a 19:15 h.