130 familias de Carballo participan no programa de compostaxe caseira
07:12 20/01/17
O concello e Sogama facilitan de balde o composteiro e a formación
Dende a súa posta en marcha como proxecto piloto aló por xullo de 2014, o programa de compostaxe caseiro do concello de Carballo non para de medrar. Así, 45 acaban de sumarse á cuarta fase do proxecto. Inicialmente dende Carballo Limpo ofreceuse a implantación de 25 composteiros, pero debido ao elevado número de solicitudes e grazas, de novo, á implicación de Sogama, será posible ampliala ata 45.
Nestes momentos hai 130 vivendas que dispoñen xa de composteiro, e que están a colaborar na eliminación da fracción húmida dos residuos sólidos, que é a máis pesada e a que ten maior custe de tratamento. Grazas á colaboración veciñal conseguiuse eliminar 85 toneladas ao ano dos colectores verdes.
As persoas que queiran colaborar na consecución dun Carballo máis sostible só teñen que presentar a súa solicitude no concello de Carballo, onde se lles facilitará o impreso correspondente. Tanto o composteiro coma a formación para o seu uso serán de balde grazas á implicación de Sogama.
Novas relacionadas
- O programa de compostaxe caseira de Carballo dá un paso máis
- Marzo 2016: Carballo reduce 39 toneladas de residuos orgánicos co seu programa de compostaxe.
- A Milagrosa ten a chave da reciclaxe
- Os veciños de Carballo participan nun novo proxecto piloto de reciclaxe
- Cincuenta fogares de Carballo participan no programa de compostaxe caseira
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Carballo