Os 18 km de sendas do proxecto Cicl-Ando Carballo, case listas para cambiar a fisionomía da vila

Imaxe da Senda 4 polas rúas Poniente e rúa Fábrica e Avenda Malpica

Hai proxectos que cambian a fisionomía e a mobilidade das cidades. E o Cicl-Ando Carballo é un deles. Aínda que a día de hoxe o uso da bici na capital bergantiñá como vehículo de transporte sexa residual, a posibilidade desta rede de 18km de sendas seguras permitirá que de aquí a 10 anos a bicicleta poida ser utilizada por milleiros de persoas para ir traballar, para dar un paseo, para ir ao súper, para facer un recado, para saír tomar algo ao centro da vila…

Un proxecto que leva un orzamento de 2,1 millóns de euros (o 80% con fondos europeos) e que xa se atopa nun 80% da súa execución, quedando nalgún caso só pendente a sinalización.


Imaxe do estado de execución da senda 5 que conecta o centro co Colexio Artai

O Concello abriu a web ciclandocarballo.gal para que poidamos comprobar como evolucionan as obras e coñecer ou descargar os planos das 9 rutas:

  • Senda 1: Avda. Bértoa - Polígono Industrial Bértoa: ata As Eiroas, os Bombeiros e o novo Centro Social. 994m. Executada ao 95%
  • Senda 2: Conexión polígono industrial de Bértoa - Estrada Carballo - Razo (DP – 1902) ao longo da DP 1902“. 920m. Executada nun 95%.
  • Senda 3: Conexión carril bici existente en Avda. Razo (DP-1902) con carril bici existente entre rúa Poniente e rúa Fábrica e Avenida de Malpica (AC-414). 1,182km. Executada nun 95%.
  • Senda 4: Mellora do carril bici xa existente entre as rúas Poniente - rúa Fábrica e Avenida de Malpica (AC-414). 1.350km. Executada nun 85%.
  • Senda 5: Conexión casco urbano - colexio Artai. 900m. Executada nun 80%.
  • Senda 6: Regreso complementaria ao carril bici Avda. Razo (DP-1902). 1,270km. Executada nun 95%.
  • Senda 7: Carballo – Razo: 7,6km. Executada nun 85%.
  • Senda 8: Conexión casco urbano - senda ciclo-peonil Avda. Bértoa. 681m. Executada nun 20%.
  • Senda 9: Senda perimetral polígono de Bértoa. 4,168km. Executada nun 75%.


Plano urbano das sendas ciclistas. A 7 chega ata Razo

Novas relacionadas