En marcha as obras das 9 sendas ciclo-peonís de Carballo

Arrincaba onte as obras da última senda do proxecto Cicl-Ando Carballo, ese proxecto con 1,7 millóns de euros de fondos europeos que creará unha rede de 18 km de carrís bici pola capital bergantiñá.
Onte comezaban as obras de renovación dos servizos urbanos na rúa Vázquez de Parga, onde pola marxe dereita da estrada autonómica AC-552, entre os puntos quilométricos 30+469 e 31+000. a chamada Senda 8 conectará a zona urbana co polígono de Bértoa a través do itinerario xa existente na avenida de Bértoa.
A obra eliminará 2 dos 4 carrís que ten a vía nese treito, valorando que non ten sentido que a estrada AC552 teña un carril por sentido en practicamente todo o seu percorrido, pero teña 2 carrís por sentido en pleno núcleo urbano, onde apenas hai beirarrúas.
A idea é crear un carril bici de 2,5 metros de ancho na zona ocupada agora polos aparcamentos, que se manteñen pero máis preto do eixo da estrada. Entre o carril bici e o aparcamento crearase unha franxa axardinada, con céspede e árbores. A beirarrúa modifícase tamén, eliminando as barreiras actuais.
O esquema da vía é o que podes ver na imaxe anexa. Sinalización e mobiliario urbano completan a actuación, que executa a empresa Construcciones López Cao cun orzamento de 256.960,34 €.
Novas relacionadas
- Xaneiro 2021: Cicl-Ando Carballo: En marcha os 9 proxectos de carril-bici pola capital bergantiñá.
- Febreiro 2020: Carballo exporta experiencia en medidas de mobilidade urbana.
- Setembro 2020: As bicis e o pedibús protagonistas no último día da Semana da Mobilidade de Carballo.
- Xuño 2020: Carballo, entre as 10 cidades europeas de menos de 100.000 habitantes con mellores prácticas ambientais.
- Febreiro 2020: “Cicl-Ando”: 18 quilómetros de sendas para seguir facendo de Carballo un modelo de mobilidade sostible.
- Carballo, o único Concello que utiliza a palabra sostibilidade.