Sábado. 26.09.2020
El tiempo

Carballo, entre as 10 cidades europeas de menos de 100.000 habitantes con mellores prácticas ambientais

  •  
vista_aerea_carballo_
vista_aerea_carballo_
Carballo, entre as 10 cidades europeas de menos de 100.000 habitantes con mellores prácticas ambientais

O aforro enerxético dun 80% en alumeado público, o proxecto “Cicl-Ando Carballo”, ou “Carballo sostible: enerxías renovables e eficiencia enerxética dos edificios públicos” son algunhas das razóns polas que o Concello de Carballo vén de colocarse no Top 10 das cidades europeas de 20.000 a 100.000 habitantes con mellores prácticas ambientais.

Carballo acadou o 8º posto entre as 18 cidades seleccionadas como candidatas ao premio Folla Verde Europea (European Green Leaf 2021). O concello bergantiñán acadou moi boas valoracións nalgunhas das seis áreas temáticas, aínda que destaca o 4º posto na de Residuos e Economía Circular, enmarcado na Axenda2030.

En canto a mobilidade urbana sostible, as accións mellor valoradas están relacionadas co fomento da mobilidade peonil (como o Pedibús; a redución da velocidade urbana a 30Km/hora e as iniciativas para facilitar o aparcamento mediante a zona azul e os convenios con particulares para crear grandes bolsas no centro urbano. Así mesmo, a elaboración da Estratexia para a mellora do espazo público e a mobilidade urbana recibiu moi boa valoración.

Así mesmo, os expertos poñen Carballo Limpo como exemplo de integración social, laboral e respecto medioambiental, e que ten moi boas valoracións para ser incluído no Manual de Boas Prácticas da Unión Europea.

Novas relacionadas

comentarios