Xoves. 05.08.2021
El tiempo

Carballo exporta experiencia en medidas de mobilidade urbana

Carballo a 30 km por hora
Dende 2019 Carballo implatou a limitación de 30km/h que o 12 de maio se implantará en toda España
Carballo exporta experiencia en medidas de mobilidade urbana

A partir do 12 de maio, todas as vías urbanas dun só carril limitaranse a 30 km/h. Unha medida que xa implantou Carballo en 2019, demostrando por que está entre as 10 cidades europeas de menos de 100.000 habitantes con mellores prácticas ambientais.

Onte, a concelleira Milagros Lantes participou nunha xornada estatal da Rede de Cidades que Camiñan sobre as “Cidades 30” para compartir a súa experiencia. Responsables de concellos como Coruña, Bilbao e Palma de Mallorca, compartiron opinións nun seminario aberto, que serviu para afondar nas cousas positivas desta medida.

”Queriamos que Carballo fose un bo lugar para vivir”

A Concelleira de mobilidade e desenvolvemento sostenible explicou que o Concello leva traballando na idea de mellorar a habitabilidade da capital bergantiñá dende 2011. Recoñeceu que tomou ideas de Pontevedra, pero non as copiaron ao pé da letra, “priorizando sempre a peatonalidade e accesibilidade”.

Lantes considera un fito a elaboración da “Estratexia de Mellora e Xestión do Espazo Público”, coordinada por unha empresa técnica, que inclúe “unha estratexia concretada trala participación dos axentes sociais da cidade”. Ademais, en paralelo se publicaba a ordenanza de mobilidade (con esa restrición de 30 en todo o municipio e 20 para as plataformas únicas e etornos escolares”.

Destacan que esa medida provocou un descenso das multas de tráfico, pero sabe que aínda quedan retos, como o aparcamiento: “Un terzo da poboación municipal vive dispersa, e non existe transporte público en todo o territorio, polo que o coche é un aliado necesario para moitas xestións e servizos, polo que dispuxemos 1.900 prazas de aparcamiento a poucos minutos do centro urbano, mediante acordos con propietarios de solares baleiros”.

Novas relacionadas

comentarios