Os 18 km de sendas do proxecto Cicl-Ando Carballo, case listas para cambiar a fisionomía da vila

Hai proxectos que cambian a fisionomía e a mobilidade das cidades. E o Cicl-Ando Carballo é un deles. Aínda que a día de hoxe o uso da bici na capital bergantiñá como vehículo de transporte sexa residual, a posibilidade desta rede de 18km de sendas seguras permitirá que de aquí a 10 anos a bicicleta poida ser utilizada por milleiros de persoas para ir traballar, para dar un paseo, para ir ao súper, para facer un recado, para saír tomar algo ao centro da vila…
Un proxecto que leva un orzamento de 2,1 millóns de euros (o 80% con fondos europeos) e que xa se atopa nun 80% da súa execución, quedando nalgún caso só pendente a sinalización.
Imaxe do estado de execución da senda 5 que conecta o centro co Colexio Artai
O Concello abriu a web ciclandocarballo.gal para que poidamos comprobar como evolucionan as obras e coñecer ou descargar os planos das 9 rutas:
- Senda 1: Avda. Bértoa - Polígono Industrial Bértoa: ata As Eiroas, os Bombeiros e o novo Centro Social. 994m. Executada ao 95%
- Senda 2: Conexión polígono industrial de Bértoa - Estrada Carballo - Razo (DP – 1902) ao longo da DP 1902“. 920m. Executada nun 95%.
- Senda 3: Conexión carril bici existente en Avda. Razo (DP-1902) con carril bici existente entre rúa Poniente e rúa Fábrica e Avenida de Malpica (AC-414). 1,182km. Executada nun 95%.
- Senda 4: Mellora do carril bici xa existente entre as rúas Poniente - rúa Fábrica e Avenida de Malpica (AC-414). 1.350km. Executada nun 85%.
- Senda 5: Conexión casco urbano - colexio Artai. 900m. Executada nun 80%.
- Senda 6: Regreso complementaria ao carril bici Avda. Razo (DP-1902). 1,270km. Executada nun 95%.
- Senda 7: Carballo – Razo: 7,6km. Executada nun 85%.
- Senda 8: Conexión casco urbano - senda ciclo-peonil Avda. Bértoa. 681m. Executada nun 20%.
- Senda 9: Senda perimetral polígono de Bértoa. 4,168km. Executada nun 75%.
Plano urbano das sendas ciclistas. A 7 chega ata Razo
Novas relacionadas
- Setembro 21: En marcha as obras das 9 sendas ciclo-peonís de Carballo.
- Xaneiro 2021: Cicl-Ando Carballo: En marcha os 9 proxectos de carril-bici pola capital bergantiñá.
- Febreiro 2020: Carballo exporta experiencia en medidas de mobilidade urbana.
- Setembro 2020: As bicis e o pedibús protagonistas no último día da Semana da Mobilidade de Carballo.
- Xuño 2020: Carballo, entre as 10 cidades europeas de menos de 100.000 habitantes con mellores prácticas ambientais.
- Febreiro 2020: “Cicl-Ando”: 18 quilómetros de sendas para seguir facendo de Carballo un modelo de mobilidade sostible.
- Carballo, o único Concello que utiliza a palabra sostibilidade.