Martes. 02.06.2020
El tiempo

“Cicl-Ando”: 18 quilómetros de sendas para seguir facendo de Carballo un modelo de mobilidade sostible

Unha das Sendas Ciclistas e peonís que xa percorren Carballo
Unha das Sendas Ciclistas e peonís que xa percorren Carballo
“Cicl-Ando”: 18 quilómetros de sendas para seguir facendo de Carballo un modelo de mobilidade sostible

Está xa en marcha o “Cicl-Ando Carballo”, un proxecto financiado con fondos europeos para transformar a capital de Bergantiños nunha vila sostible. 18 quilómetros de sendas, unha rede de aparcamentos seguros para bicicletas en 10 enclaves diferentes e unha campaña de sensibilización social, conforman o plan para facer de Carballo un referente en mobilidade urbana sostible. Iniciativas como o Pedibús ou a Semana Europea da Mobilidade así o ratifican.

O alcalde, Evencio Ferrero, xa está en contacto coas administracións galegas para ir aprobando as autorizacións. O pasado venres reuníase en Santiago con responsables da Axencia Galega de Infraestruturas e de Augas de Galicia, pois hai treitos que afectan a estradas de titularidade autonómica ou a canles fluviais.

O proxecto ten un orzamento total de 2,1 millóns de euros (cun 80%, o máximo, de financiamento europeo),.

Outros puntos: A Avda. Fisterrra

Ferrero puxo sobre a mesa as necesidades deste proxecto, e aproveitou para lembrar outros asuntos, como o estado do proxecto de abastecemento a Baldaio, que o ente autónomo se comprometeu a elaborar noutra xuntanza celebrada o verán pasado, e que parece que está contratada a redacción do estudo de viabilidade.

Un dos puntos impotantes que poden afectar á fisionomía carballesa é a transformación da Avda. de Fisterra. O pleno do pasado novembro aprobaba a reurbanización da avenida, polo que o alclade pediu a Axencia Galega de Infraestruturas acometa as obras antes de ceder a titularidade. A AXI pediu unha memoria valorada.

Novas relacionadas

comentarios