Sábado. 20.04.2024
El tiempo

80.000 DNI e pasaportes feitos “made in” Carballo

80.000 DNI e pasaportes feitos “made in” Carballo

Foi en marzo de 2017 cando se estreou a Unidade de Estranxeiría e Documentación da Policía Nacional en Carballo, sita na Planta Baixa da Casa do Concello. Case 6 anos evitando esperas e longas viaxes de ida e volta á Coruña para sacar os documentos de identidade. Tantos viaxes como 80.884, o número de documentos que a entidade leva realizados neste tempo.

Durante o primeiro ano a oficina realizara 13.500 documentos, pero este pasado 2022 foi ano de récor: 12.898 carnés de identidade e 3.163 pasaportes.

Servizo comarcal

A cifras resaltan que a de Carballo é a oficina de referencia para toda a Costa da Morte. Segundo informa o Concello arredor do 30% das persoas que utilizan o servizo residen en Carballo, sendo máis do 60% procedentes dos municipios da contorna. Son veciños das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra, pero tamén numerosos emigrantes que aproveitan as súas vacacións na casa para actualizar a documentación, utilizan este servizo.

Información

O horario de atención ao público da unidade de Carballo é de 09.00 a 14.30, de luns a venres. Non esquezas levar unha foto actual de 26×32 mm.

Podes pedir cita en www.citapreviadnie.es ou ben chamando ao teléfono 060.

Comentarios