Mércores. 16.10.2024
El tiempo

A Anpa do CEIP Gándara-Sofan denuncia irregulidades no servizo de comedor

A Anpa do CEIP Gándara-Sofan denuncia irregulidades no servizo de comedor
ceip-gandara-sofan-carballo A Anpa Raiante critica irregularidades como o pago a empregados e proveedores así como distintas deficiencias nos menús escolares A Anpa Raiante, do CEIP Gándara Sofán de Carballo, vén de denunciar ante o Servizo de Comedores da Consellería de Educación distintas "irregularidades e incidencias" detectada no servizo que prestou a empresa GESCOR de Cátering. En primeiro lugar critican o retraso continuado no pago das nóminas ás traballadoras do comedor sinalando que "en ningún momento cobraron dentro do prazo que a empresa expresou no momento de iniciar o seu servizo, día 5 de cada mes, chegando incluso no presente mes de xullo a cobrar un mes despois de rematado o servizo". Nesta mesma liña, a anpa denuncia que a empresa ten débedas con distintos provedores e empresas de servizos técnicos que nalgún momento prestaron servizo a GESCOR dentro do centro escolar carballés e que na actualidade seguen sen cobrar. Os pais e nais do alumnado do CEIP Gándara Sofán tamén se queixa das irregularidades no cobro ás familias usuarias do comedor xa que en lugar de facer o cobro de forma mensual a empresa domiciliaba os pagos cada semestre "o cal implica un serio desequilibrio na economía das familias". Neste escrito remitido á Consellería tamén se denuncian as carencias nos menús tales como a reiteración dun ou varios ingredintes chegando incluso a repetir a mesma guarnición tres días seguidos. "Consideramos que non é axeitado para os nosos nenos e nenas e como consecuencia tivemos ao longo do curso uns menús nada variados nin equilibrados, que só aportaron desmotivación nos nenos e nenas á hora do xantar", sinalan dende a Anpa. Outra incidencia detectada polos pais e nais foi a demora de case 2 meses en presentar menús ás familias coas especificacións das dietas dos usuarios do comedor con alerxias, intolerancias ou dietas brandas, como tampouco en lingua galega. A isto sumarlle retrasos tamén na entrega de utensilios e material de menaxe e limpeza para o comedor, sendo moi escaso o número e tendo que aportar en máis dunha ocasión utensilios e material da propia Anpa; "cuestións que claramente non atenden ás necesidades do servizo por parte de GESCOR" indican. Tal e como recordan dende a Anpa, a Consellería compromeuse no seu momento a que o coste do menú por usuario non debería estar en ningún caso por debaixo de 4,50€ ainda que dende a Anpa declaran ter constancia de que a contratación desta empresa foi por un custo de case o 50% deste prezo. Por todos estes motivos, os integrantes da Anpa Raiante pídelle á Consellería de Educación que tome as medidas necesarias para considerar se a empresa debe de ser penalizada "do xeito máis contundente". Fonte    

Comentarios