xoves. 15.05.2025
El tiempo

A Escola Ambiental de Senda Nova xa achega a natureza máis cercana a 25 rapaces de Bergantiños

A Escola Ambiental de Senda Nova xa achega a natureza máis cercana a 25 rapaces de Bergantiños
Presentacion da Escola Ambiental de Senda Nova 2017 Presentación da Escola Ambiental de Senda Nova 2017

Fantástica a iniciativa de Senda Nova de continuar coa 6ª edición do proxecto da Escola Ambiental. Un espazo para que os cativos da contorna de Bergantiños coñezan o entorno rural cada fin de semana. Son xa 25 os rapaces e rapazas da comarca anotados nesta actividade, e non faltou ningún (nin os pais e nais) á presentación que se realizada no espazo de natureza de Oza a pasada fin de semana.

Unha cita que serviu para explicar os obxectivos destes 8 meses de programa, que non é outro que o de achegarse ao seu patrimonio natural e cultural máis cercano. Todo isto farano a través de actividades e dinámicas moi diversas, que comprenden camiñadas a pe interpretativas, sesións de aula, actividades de horta, visitas a espazos de interese etc.

O prazo de inscrición segue aberto e a vindeira fin de semana xa comezarán as actividades habituais.

Rutz de outono polas Capelas

Despois da primeira saída pola Vía Alcaianus, o prograna Outono en Ruta continuou pola ruta das capelas de Laracha. Unhas 60 persoas (de Bergantiños boa parte pero tamén de lugares como Oleiros) acodiron á saída de capela de Sta Margarida de Montemaior para coñecer a zona.

 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios