A metade das parroquias de Carballo xa teñen Consellos Parroquiais
Segue dando pasos adiante na participación cidadá o Concello de Carballo. Xa hai, de feito 9 Consellos Parroquiais, o que significa que esta nova canle de comunicación e de participación veciñal está xa operativa na metade das parroquias do concello. O último quedou constituído o pasado venres en Artes cun total de 15 membros entre representantes dos grupos políticos municipais, a Asociación Cultural Aquelarre e cidadáns a título individual.
Deste xeito, os Consellos Parroquiais xa están a funcionar de maneira provisional nas seguintes parroquias: Ardaña, Oza, Rus, Sísamo, Sofán, Entrecruces, Berdillo, Goiáns e Artes.
O tecido asociativo, clave
As persoas que forman parte do movemento asociativo en cada unha destas parroquias son as que máis se están implicando, pero, en xeral, están a crearse grupos de traballo interxeracionais e integrados por persoas de perfís moi variados, o que contribúe a enriquecelos. Pero, como se está a destacar en todas as xuntanzas, os Consellos Parroquiais son órganos abertos, de maneira que todas as persoas que queiran sumarse poden facelo agora ou no futuro.
Vindeiras citas en Lema, Noicela e Cances
As próximas reunións celebraranse o día 15 en Lema, o 16 en Noicela e o 18 en Cances. Como se está a facer en todo este proceso, a convocatoria realizarase mediante o envío de cartas a cada domicilio.
Máis información
Poden informarse en www.carballo.org/participacionvecinal/portada/, en [email protected] ou no no 608 201 251.Novas relacionadas
- <Os pioneiros Consellos Parroquiais carballeses seguen formándose.
- Comezan as reunións en Ardaña e en Oza para a constitución dos Consellos Parroquiais.
- Agora/Ágora, unha proposta anónima de participación cidadá dende a Costa para o mundo electoral.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).