luns. 19.05.2025
El tiempo

As 6 investigadoras carballesas protagonistas do Pinf of Science

cartel_Pinto Sciencie Carballo 2025
As 6 investigadoras carballesas protagonistas do Pinf of Science

Xanel Vecino, Karina Pombo, Manuel Gundín, Lara Pallas, María Vidal e Manuel Rey Pan son os/as seis investigadores/as carballeses/as ou vinculados a Carballo que participarán na segunda edición do festival Pint of Science Carballo, o evento internacional de divulgación científica que propón un encontro entre investigadores/as e público nos bares.

Porque Carballo será un dos 79 de toda España que encherá os bares de ciencia os días 19, 20 e 21 de maio, a partir das 19.30 horas, nun evento que se celebrará de xeito simultáneo en máis de vinte países de todo o mundo.  As charlas están abertas a toda a cidadanía ata completar a capacidade nos locais. Como na primeira edición, entre charla e charla haberá xogos e sorteos entre o público.

O festival arrincará o luns 19 no bar do Pazo da Cultura con Xanel Vecino e Karina Pombo.
Xanel Vecino (Universidade de Vigo-Uvigo) é enxeñeira química e a súa investigación actual está centrada na revalorización e na transformación sustentable de residuos e materias primas secundarias en produtos de valor engadido como os biodeterxentes e os ecoadsorbentes. Ten cinco patentes, catro delas sobre biodeterxentes obtidos a partir de residuos do millo.
Karina Pombo (University of Oxford) é doutora en Ciencias Naturais e Químicas, e na actualidade dirixe un laboratorio de investigación nesa cidade británica no que pretende explicar como as nosas células epiteliais se unen para formar tecidos que nos protexen da entrada de patóxenos afectados nas enfermidades intestinais. 

O punto de encontro do martes 20 será o Oito Bar, con outros dous protagonistas: Manuel Rey Pan e Lara Pallas.
Manuel Rey Pan (IFGAE-USC) é graduado en Xornalismo e desde o ano 2021 traballa no eido da comunicación científica na Universidade de Santiago, actualmente no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). 
Lara Pallas (Universidade da Coruña-UDC) é enxeñeira informática e actualmente está realizando a súa tese doutoral, orientada á aplicación de algoritmos de intelixencia artificial (IA) no ámbito da astronomía, o que se coñece como astrofísica computacional. 

presentacion ataxia manuel rey pan
Manuel Rey Pan, no centro presentando o seu libro sobre a Ataxia

O mércores 21 o festival trasládase ao bar Ranqui con Manuel Gundín e María Vidal.
Manuel Gundín (Instituto de Ciencias Fotónicas de Barcelona-ICFO) é doutor en Física e centra a súa investigación no campo da óptica cuántica e as súas aplicacións, con especial interese na comunicación cuántica. Na actualidade traballa no grupo de Hugues de Riedmatten en ICFO, enfocándose en memorias cuánticas de estado sólido e a súa aplicación a repetidores cuánticos.
María Vidal (Universidade de Santiago-USC) é doutora doutora en Bioloxía e técnico superior de Investigación do Departamento do Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física da Universidade de Santiago de Compostela. É aínda que non é carballesa, quixemos convidala porque é unha das persoas que máis sabe sobre a píllara das dunas. 

Comentarios