Domingo. 13.10.2024
El tiempo

A Milagrosa ten a chave da reciclaxe

A Milagrosa ten a chave da reciclaxe
As 21 familias que colaboran no proxecto recolleron o material esta semana As 21 familias que colaboran no proxecto recolleron o material esta semana O proxecto ten unha duración de seis meses, mais seguro que as  21 familias do barrio da Milagrosa que participan nel cambiarán algúns dos seus hábitos a prol da conservación da natureza. A súa tarefa é depositar en colectores marróns e pechados con chave unicamente restos de comida co obxectivo de analizar a calidade dos residuos depositados para poder acometer proxectos posteriores de valorización dese residuo; analizar a posibilidade de ampliar este proxecto a outros barrios; analizar a posibilidade de que as persoas que mellor reciclen teñan no futuro algún tipo de incentivo e, en última instancia "baixar o custo do lixo", segundo explica o Concelleiro de Servizos, Luís Lamas. Así o sinalou durante unha xuntanza no Fórum Carballo celebrada o pasado mércores á que asistiron representantes das familias voluntarias. Todos eles e elas puideron recoller a chave que abre o seu colector - serán un total de sete repartidos por todo o barrio dende a rúa Anllóns ata a entrada da Vila de Negreira -, así como un pack de 40 bolsas biodegradables e compatibles coa elaboración de compost. En caso de que usen todas as bolsas poderán recoller máis nas tendas do barrio grazas á colaboración da asociación de comerciantes, hostaleiros e profesionais do barrio da Milagrosa, que se comprometeu a repartir os packs. A veciñanza tamén recibiu un manual de uso no que se indican os teléfonos de contacto para dúbidas o suxestións, indicacións de que se debe depositar nos colectores e como, o funcionamento e obxectivos do proxecto, así como un plano para localizar os colectores. O concello instalou sete colectores no barrio da Milagrosa O concello instalou sete colectores no barrio da Milagrosa Dúbidas En xeral, a maior parte das dúbidas dos asistentes centráronse en que tipo de residuos deben depositar. A conclusión é que unicamente poden deixar comida, aínda que a cortiza empregada para os tapóns das botellas ou as pólas ou restos de plantas tamén pode ir no colector marrón no que se ten denominado "a quinta fracción" de lixo. Ao remate, todos e todas as presentes asinaron para levar o material para a casa, e o alcalde, Evencio Ferrero, quixo agradecer a colaboración dos veciños e veciñas, gabou que sexa unha experiencia piloto para o barrio da Milagrosa e desexou que sexa un éxito. Dentro de seis meses, avaliaranse os resultados da iniciativa. Hai que lembrar que o Concello, ademais de iniciar este proceso para mellorar o tratamento dos residuos orgánicos na capital municipal a través do programa Carballo Limpo, leva certo tempo desenvolvendo un proxecto de compostaxe caseira no rural con moito éxito e numerosos participantes. Os interesados e interesadas en obter máis información, poden facelo a través do web de Carballo Limpo. Novas relacionadas   Fonte

Comentarios